O vindeiro sábado día 4 de decembro no Espazo da Natureza de Oza terá lugar a presentación da 9ª edición da xa tradicional Escola Ambiental Senda Nova – Concello de Carballo, un dos proxectos máis ambiciosos e longos da entidade.
A Escola Ambiental está orientada a nenas e nenos de 3º,4º,5º e 6º de primaria do Concello de Carballo, os cales durante máis de 7 meses se achegarán ao patrimonio natural e cultural do concello a través de diferentes actividades como camiñatas interpretativas, actividades ornitolóxicas, talleres de pegadas e indicios, actividades de horta tradiconal e ecolóxica, entre outras moitas accións que se desenvolverán principalmente ao aire libre, e con grupos reducidos.
Un novo curso cheo de enerxía e ganas de voltar, un novo curso no que disfrutar da e na natureza, un novo curso diferente e igual á vez, por que a pesares dos cambios necesarios para adaptar a actividade e os grupos , ás condicións sanitarias actuais, o que seguro que non cambiará serán as ganas de aprender e disfrutar no noso entorno.
O prazo de inscripción segue aberto, polo que se queres participar na Escola Ambiental Senda Nova, ponte en contacto con nós e facilitarémosche toda a información necesaria para poder preinscribirte, as prazas son limitadas.
Sen máis agradecervos a gran acollida que tivo o proxecto.
Na seguinte ligazón podedes atopar información sobre a Escola Ambiental. Preme aquí.
Esperámoste!