O vindeiro martes día 3 de maio ás 19:30 horas, terá lugar no local social de A Brea a presentación da II edición das Semanas de Natureza e Paisaxe.
Un programa de actividades, paralelo a Primavera en Ruta que pretende seguir achegándonos á natureza, aos recursos naturais e á nosa paisaxe, a través de diversas e variadas actividades para todos os gustos e idades. Todas elas son posibles grazas a colaboración de moitas persoas e entidades.
Se queres participar e informarte de todas e cada unha das actividades que se van a realizar, achégate o vindeiro martes ao Local Social de A Brea ás 19:30h. Agardámoste!!