Presentación do 13 Outono en Marcha o vindeiro día 5 de outubro

Presentación do 13 Outono en Marcha o vindeiro día 5 de outubro

Chegado o outono chega o ulido a folla seca e actívanse as corredoiras da Costa da Morte. O outono é un dos espazos do ano máis axeitados para gozar da lama, do bosque e do patrimonio máis achegado.

É por iso que queremos dar a benvida contigo a unha nova xeira de andainas que fagan xuntarse de novo a gran familia de Senda Nova a través dun dos programas máis acolledores.

O vindeiro sábado 5 de outubro no Espazo da Natureza de Oza tes unha cita coa nosa bisbarra. Agardámoste para dar inicio ás andainas de outono.