Marcamos no calendario o vindeiro día 18 de marzo como un día importante.
Ese sábado ás 12h. , o Espazo da Natureza de Oza acolle a benvida á cuarta edición da revista ABRINDO CAMIÑO editada por esta casa.
Como nas edicións 0, 1, 2 e 3, o obxectivo deste número é recoller as informacións sobre a dinamización social nas nosas comarcas, tanto no eido cultural, ambiental ou social. Tamén as reivindicacións ambientais de diferentes movementos, asociacións ou colectivos.
Están convidados/as á presentación tanto os establecementos de pequeno comercio colaboradores coa publicación, como tamén os/as redactores de artigos que completan a revista.
Tamén estarán presentes no acto as nais e pais da rapazada da Escola Ambiental e como non, os/as integrantes da mesma.
Convidamos ao público en xeral ao acto de benvida a a difundir un novo número de ABRINDO CAMIÑO.