PRESENTACIÓN X OUTONO EN MARCHA

PRESENTACIÓN X OUTONO EN MARCHA

Dez anos de Outono en marcha se celebran o próximo 28 de setembro no Espazo da natureza de Oza. Dez anos de rutas de outono, de sendeirismo para o coñecemento. De amigos, anécdotas e quilómetros de corredoiras enlamadas e de follas secas.

 

O vindeiro 28 de setembro ás 20h. xuntámonos para agradecer a colaboradores, participantes e socios da entidade por todos estes anos de traballo e todos os quilómetros de corredoiras. Para coller folgos e iniciar unha nova década, demostrando que o sendeirismo cocido para a interpretación e a posta en valor é hoxe xa unha actividade de futuro.ç

Agardámoste