Comeza a andar o outono, e con el un programa de andainas que, por vez primeira esta 6º edición, inclúe algunas novidades fora das camiñadas.
Os vindeiros 16 e 25 de outubro ás 20:30h, dende a Casa da Cultura da Laracha e o Espazo da Natureza de Oza respectivamente, presentaremos unha nova edición dun programa que se fai maior coa media ducia de edicións e que traerá novidades ás corredoiras e ao rural de Bergantiños.
Ven a presentación e organizate cos compañeiros de saída.
Agardámoste