Preséntase a XI PRIMAVERA EN RUTA: once anos de premisas

Preséntase a XI PRIMAVERA EN RUTA: once anos de premisas

Semáforo en verde para unha nova edición da Primavera en Ruta.
O Espazo da Natureza de Oza acolleu a presentación dunha nova edición da Primavera en Ruta, o programa máis antigo da asociación e un dos máis importante dos proxectos da zona para poñer en valor o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da bisbarra a través das camiñadas.

Deron a benvida á XI edición unhas 30 persoas no exterior das instalacións de Oza onde se repasou unha por unha as sete propostas de itinerarios para a realizar dende as paradas para o coñecemento.

Jose Manuel Menéndez e Evarísto Dominguez incidiron na importancia destas actividades para o coñecemento do territorio e salientaron o compromiso da asociación dende os seus inicios coas actividades que buscan a participación local, a implicación doutras entidades e as actividades interpretativas e en grupos reducidos. A nova visión do patrimonio, do rural e de novas tendencias non fai máis que afianzar os valores da entidade e reforzar aínda máis estas actividades que, no noso caso, veñen facéndose dende fai tempo.

O agradecemento esténdese aos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Zas, presentes na presentación da programación e puntais neste proxecto colabora tivo importante, que aglutina tamén a labor de Protección Civil de Carballo e a voluntarixs de Senda Nova. Un programa que madura dende un encaixe de boliños colaborativos que chega a entidades e persoeiros das parroquias.

Principais cambios con respecto a outros anos:

  1. Queremos aforrar plástico. Trae a túa cantimplora da casa con auga.
  2. Leva a túa ficha cuberta aos lugares de apuntamento (unha por persoa). Podes descargala da nosa web “móllate con nos/ apúntate ás nosas actividades”. Leva tamén os cartos xustos.
  3. É obriga para todxs xs participantes que traian con eles a súa máscara e que respecten as indicacións dos monitores en canto ás medidas de protección.
  4. As prazas serán limitadas.
XI PRIMAVERA EN RUTA cartel
XI PRIMAVERA EN RUTA tríptico 1
XI PRIMAVERA EN RUTA tríptico 1
XI PRIMAVERA EN RUTA tríptico 2
XI PRIMAVERA EN RUTA tríptico 2

Aquí tes máis información.

11º PRIMAVERA EN RUTA

  • RURAL
    INXECCIÓN DE NATUREZA
    OPTIMISMO
    CAMIÑAR PARA APRENDER
    · Ruta 1. O SON DO ANLLÓNS ( Bergantiños)
    21 xuño
    Distancia aproximada 18 km
    Dificultade media-baixa
    Saídas: Ver final
    · Ruta 2. CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco)
    28 xuño
    Distancia aproximada 18 km
    Dificultade media
    Saídas: Ver final
    · Ruta 3 A FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo)
    5 xuño
    Distancia aproximada 20 km
    Dificultade media-baixa
    Saídas: Ver final
    · Ruta 4 COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE
    ( Malpica de Bergantiños)
    12 xullo
    Distancia aproximada 14 km
    Dificultade baixa
    Saídas: Ver final
    · Ruta 5 RUTA DAS MÁMOAS ( Cabana de Bergantiños)
    19 xullo
    Distancia aproximada 14 km
    Dificultade baixa
    Saídas: Ver final
    . Ruta 6 CAMIÑOS DE CAIÓN (A Laracha)
    23 agosto
    Distancia aproximada 14 km
    Dificultade baixa
    Saídas: Ver final
    · Ruta 7 TERRAS ALTAS DE SONEIRA (Zas)
    30 agosto
    Distancia aproximada km
    Dificultade media-baixa
    Saídas: Ver final

  • COMO FACER?
    • Pasaremos a xornada do domingo xuntos, tamén na hora do bocata, que che repartiremos na saída. Chegamos cando rematemos, porque o tempo é de balde e nos utilizámolo para aprender.
    • Non te preocupes do vehículo, o transporte recóllenos nas saídas establecidas no horario establecido e déixanos no mesmo lugar ao rematar a actividade.
    • Coñeceremos mellor o noso entorno, porque paramos para aprender. Para ofrecer os nosos coñecementos e para escoitar aos que aportan.
    • Integrámonos nas dinámicas.

LEMBRA!!
Necesitamos de toda a túa puntualidade.
• Un calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable), roupa axeitada, pode facerche máis pracenteira a saída.
• Nunca deixes a mochila, un impermeable, navalla, gorra, protección solar e…a cámara de fotos!
• Sentimos que nalgunhas saídas e, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno, nalgunha das saídas, as prazas poden ser limitadas.
• Que as actividades poden sufrir modificacións.

POSIBLES MODIFICACIÓNS
Por mor da situación sanitaria as actividades poden sufrir modificacións.
En calquera caso é obrigado o cumprimento das indicacións Das autoridades sanitarias e dos guías nesta materia, que incidirán no distanciamento social recomendado segundo a situación sanitaria nesas datas. Asimesmo cada participante terá a obriga de posuír o material individual de protección como a máscara . Haberá en todo caso un límite de prazas máximo de acordo coas indicacións das autoridades sanitarias. A caixa de urxencia da organización estará equipado co material de protección axeitado.

INSCRICIÓNS
Lugares de inscricións:
Base de Protección Civil de Carballo.
Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha
Praza do Concello s/n 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Coristanco
Edificio de usus múltiples 21º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Museo de Bergantiños Carballo mércores, de 16:30 a 19:30h
Espazo da Natureza de Oza xoves e venres de 17 a 20h.
Data límite de inscrición:
Ata 2 días antes de cada roteiro

Prezos:
Non soci@s: Maiores de idade: 6 € Menores de idade 3€
Soci@s: Maiores de idade 6€ Menores de idade 1€
Lugares de saída:
A Laracha: diante do concello Carballo: rúa Venezuela
Malpica: diante do concello
Coristanco: diante do concello
MÁIS INFORMACIÓN
Apuntamentos participantes de fora de Bergantiños e Soneira INFÓRMATE www.sendanova.org sendanova@hotmail.com