Presentase o 8º INVERNO ANCESTRAL cunha decena de propostas
O pasado sábado xuntabamonos para dar saída á programación de inverno de Senda Nova. Como cada ano, damos a benvida a actividades máis recollidas que poñen en valor en moitos casos o patrimonio inmaterial. Destaca entre as actividades as CONVERSAS DO RURAL, faladoiros que se realizarán no Espazo da Natureza e que teñen como obxectivo poñer en valor a labor o traballo de activistas de diferentes áreas e lugares.
Deste xeito, as CONVERSAS DO RURAL serán sete propostas e case unha decena de persoas relacionadas co patrimonio natural e o activismo social e cultural.
As VISITAS DO APALPADOR ás escolas unitarias seguirá dentro das programacións de ESPÍAS NO NOSO BOSQUE. Dentro do programa financiado pola Deputación da Coruña, os coñecementos sobre os animais autóctonos serán compartidos con nenos e nenas da contorna.
Tamén dentro da xeira de actividades de ESPIAS NO BOSQUE realízanse os OBRADOIROS DE PEGADAS E INDICIOS coa finalidade de do coñecemento dos mamíferos autóctonos.
O DÍA INTERNACIONAL DAS ZONAS HÚMIDAS celebrarémolo como cada ano dende o ESTEIRO DO ANLLÓNS, unha zas zonas húmidas máis importantes da zona.
Esta é a programación completa:
OBRADOIROS DE PEGADAS E INDICIOS
Deste xeito, os vindeiros 9 e 10 de decembro realizaranse dous Obradoiros de pegadas e Indicios (un cada día). Terán como obxectivo aprender máis sobre a nosa fauna autóctona, sobre todo a relacionada cos mamíferos. Estas xornadas enmárcanse dentro das actividades do programa ESPÍAS NO BOSQUE, financiado pola Deputación da Coruña. As actividades son de bald. Máis info e inscricións en sendanova@hotmail.com e 611037617.
VISITAS DO APALPADOR NAS ESCOLAS
Como en anos anteriores, dende Senda Nova tamén acompañamos ao Apalpador na súa visita ás escolas unitarias das comarcas próximas. Co Apalpador tamén van unha serie de coñecementos do entorno e dos mamíferos máis representativos do noso rural. Actividades enmarcadas dentro do programa ESPÍAS NO BOSQUE, financiado pola Deputación da Coruña.
CONVERSAS DO RURAL
Com cada ano poñemos en marcha as CONVERSAS DO RURAL, unhas xuntanzas informais que pretenden poñen en valor figuras importantes na dinamización e mellora da nosa bisbarra dende o activísmo social, cultural ou ambiental. Tamén visións diferentes dos rurais e activismos noutras partes do mundo.
As conversas serán todas ás 19 h no Espazo da Natureza de Oza e mantéñense como actividades participativas do público, tendo como obxectivo primordial o coñecemento de valores e métodos de traballo que levan a estas persoas a establecer o compromiso social.
Estas son as diferentes propostas
Xabi Varela Apaixoado da ornitoloxía na Costa da Morte : O meu mundo paxareiro 1 de decembro
Maha Dandis Estudante Palestina afincada en Laxe Morte : Cisxordania hoxe 21 de decembro
Macarena Rodríguez e Carme Iglesias Activistas na A.C. Brisas do Quenllo da Pontraga-Tordoia 12 xan.
Roberto Vidal Cordinador do seguimento da Píllara das Dunas en Baldaio G.N. Hábitat 9 febreiro
Euloxio Nieto e Oscar Calvo (Oscarín) Activistas culturai en diferentes colectivos de Bergantiños 15 febr.
Mahyuba Agali e Cristina Vázquez Refuxidada saharaui. Colaboradora nos campos de refuxiados saharauis respectivamente 23 febreiro
Asistencia de balde
DÍA INTERNACIONAL DAS ZONAS HÚMIDAS
Celebrarémolo, como é tradicional, cunha visita ao ESTEIRO DO ANLLÓNS. Na excursión percorreremos os puntos máis interesantes dun dos espazos da zona de máis valor ornitolóxico. Será o sábado 3 de febreiro e será necesaria inscrición previa. Actividade de balde.
Prazas limitadas. Info e inscricións sendanova@hotmail.com 611037617
Descargar AQUI o cartel