Primeiros pasos da 8º P.R. polo Son do Anllóns

Primeiros pasos da 8º P.R. polo Son do Anllóns

8pr O son do Anllóns Pazo

8pr O son do Anllóns Pazo

Oitenta e seis participantes achegáronse ao río de Bergantiños no comezo desta oitava edición da Primavera en Ruta. O SON DO ANLLÓNS foi o roteiro escollido nunha xornada de fermoso sol que invitaba a gozar das vexetacións de ribeira do río que vertebra a comarca.

Un total de 21 quilómetros separaron ás persoas pola senda interpretativa que uniu Carballo con Corcoesto a través de paradas de coñecemento como o castro, a igrexa e o Pazo do Souto de Sísamo, os diferentes muíños do longo do río, a Pontedona, Sta Mariña de Corcoesto ou a mesma igrexa da parroquia cabanesa.

Na abondosa participación destacou un nutrido grupo de mocidade, na que era maioría a rapazada do Colexio Otero Pedrayo da Laracha. Os estudantes asistiron acompañados de varias das súas profesoras e tiveron un comportamento visiblemente exemplar para co desenvolvemento da actividade, interesándose polas aportacións de cada unha das paradas que nos achegaban á interpretación dos espazos. Unha información que se realizou por partida dobre por mor da alta participación e a división en dous grupos para un maior achegamento aos contidos.

Moitas grazas a Protección Civil de Carballo, Concello de Carballo, Concello da Laracha, Concello de Malpica de Bergantiños, Concello de Zas e, como non, ás voluntarias e voluntarios de Senda Nova por ser capaces de sacar o proxecto adiante. Vémonos o domingo con Coristanco Histórico. Agardámoste.

8pr O son do Anllóns Pontedona

8pr O son do Anllóns Pontedona

8pr O son do Anllóns Pazo

8pr O son do Anllóns Pazo

8 pr O Son do Anllóns

8 pr O Son do Anllóns