PULO Á PRIMAVERA EN RUTA

PULO Á PRIMAVERA EN RUTA

XIII PR Terras altas Soneira

XIII PR Terras altas Soneira

PULO Á PRIMAVERA EN RUTA

 

A PRIMAVERA EN RUTA é o programa de actividades que máis percorrido leva en Senda Nova e tamén os alicerces onde se asentan os demais proxectos da entidade.

O programa de roteiros de sendeirismo para o aprendizaxe nace cando se pechan unha xeira de traballos de deseño de percorridos. Estes percorridos foron traballados con agarimo para unir puntos de interese ambiental, cultural, paisaxístico…

Deste xeito, mámoas, castros, pazos, pontes, ou lugares como bosques autóctonos foron destino das primeiras sendas deseñadas pola asociación. Todo co firme propósito de que todo o patrimonio esparcido polo rural, fose sacado do esquecemento.

A cada roteiro déuselle unha identidade propia, presentábase nas parroquias por onde pasaba e bautizábase cos nomes identificativos aos puntos interesantes que percorría.

Nese intre propuxémonos comezar o programa de andainas que significaría tanto en Senda Nova. Nese intre apostamos por percorrer cada un dos vestixios, cada unha das rutas, a lo menos unha vez por ano. Este obxectivo, co apoio sobre todo das administracións locais, vimos cumpríndoo dende que naceu.
Unha media de 20 puntos para o coñecemento en cada andaina e unha media de 8-10 andainas por edición dannos 130 andainas realizadas e máis de 2500 paradas para descifrar a nosa contorna.

 

APOIO

Este ano 15 é unha efeméride importante que nos da pulo a seguir coa ferramenta do sendeirismo como parte da posta en valor do territorio.
É por iso que queremos celebralo coa recollida de vídeos de apoio ao proxecto da PRIMAVERA EN RUTA. Nesta proposta participan xente diversa, relacionada co mundo asociativo, con lugares por onde pasamos durante todos estes anos, con persoas do mundo da cultura ou do ensino. Con representantes de concellos colaboradores e tamén con persoas que dun modo ou outro participaron ou tiveron que ver coa PRIMAVERA EN RUTA

 

VIDEOS

Convidámoste a que nos fagas as túas achegas cun vídeo moi curto de entre 5 e 15 segundos en formato apaixado, onde nos digas quen es,  e unha razón pola que esta ferramenta debe seguir sendo útil.

Podes enviarnos as túas achegas por watxapp ao número 611037617 ou ao mail sendanova@hotmail.com

Ata o día 12 de marzo.