Rematou a XIV PRIMAVERA EN RUTA. Unha diagnose da desfeita.

Rematou a XIV PRIMAVERA EN RUTA. Unha diagnose da desfeita.

Camiños de Caión XIV PR 3

Camiños de Caión XIV PR 3

Os

Camiños de Caión XIV PR 2

Camiños de Caión XIV PR 2

Camiños de Caión XIV PR 1

Camiños de Caión XIV PR 1

Camiños de Caión XIV PR

Camiños de Caión XIV PR

camiños da costa volveron pechar outra edición máis da PRIMAVERA EN RUTA, oito rutas máis no saco do sendeirismo para o coñecemento da contorna.

Os CAMIÑOS DE CAIÓN despediron 14 anos do programa máis antigo da asociación. Ese que se constrúe en base á unión de esforzos de concellos, Protección Civil de Carballo e voluntarios e voluntarias de Senda Nova. Todo a prol do coñecemento do entorno e en base a percorrer ano tras ano itinerarios deseñados con agarimo para pasar por eses lugares de tanto interese ambiental, paisaxístico e cultural que, aínda cerca, descoñecemos o significado.

A última das andainas, con máis de 30 persoas inscritas evolucionou dende unha mañá de brétema que apenas nos deixou desfrutar da paisaxe agreste da costa larachesa nas primeiras horas. Mais foi agradecido o comezo fresco. Pouco despois, xa en Rebordelos, o ceo volveuse azul e o calmuzo só foi calmado nos últimos quilómetros de fachada marítima.

O itinerario evolucionou tamén dende a historia. O castro de Constenla, en Rebordelos, cuns 2000 anos de antigüidade foi o punto máis antigo en ser visitado. O máis novo correspondeu á historia recente, coa Feira do Rapadoiro. Entre medias o Pazo de Graxal, a capela dos Milagres, a Igrexa do Perpetuo Socorro ou o antigo mosteiro dos Agostiños de Caión, parte importantísima da antiga vila baleeira.

Cos CAMIÑOS DE CAIÓN rematou outro periplo máis pola historia e paisaxe da Costa da Morte. Oito itinerarios por unha boa xeira de concellos de tres comarcas diferentes. Un programa de roteiros que non sería posible sen o apoio de persoas e institucións. Grazas ao Concello de Carballo, ao Concello da Laracha, ao Concello de Coristanco, ao Concello de Malpica de Bergantiños e ao Concello de Zas que, con Protección Civil de Carballo e todo o voluntariado de Senda Nova, fan posible estes proxectos ano a ano. Moitísimas grazas a todas e todos

 

DIAGNOSE DA XIV PRIMAVERA EN RUTA 

Creémonos na obriga de utilizar un medio tan palpable e un xeito de realizar as actividades para facer unha diagnose do territorio por onde pisamos. Hoxe máis que nunca nun 5 de xuño de dedicado ao medioambiente. Máis aínda despois de tantos e tantos anos cos mesmos percorridos. Como en anos anteriores, a sensación coa programación, colaboradores e participantes é inmellorable, mais o que podemos ver ano tras ano no territorio que pisamos deixa balances en calquera caso demoledores. Unha sensación pesimista. E é que a ameaza dos polígonos eólicos tradúcese xa en realidade, deixando na veciñanza unha preocupación e mobilización ascendente.

O apartado de deterioro do noso chan non vai só no cambio de uso dos espazos, tamén con cada vez máis eucaliptos, senón que o punto de mira de administración centrase agora na actuación nos poucos espazos virxes que nos quedan.

A destrución dos camiños antigos derribando muros de pedra seca e enchéndoos de entullo e zahorra avanza a pasos de xigante sen un minuto para a reflexión sobre a historia dos camiños ou sobre o patrimonio dos muros, a inmensa maioría en pedra seca, constituídos como Patrimonio da Humanidade https://www.abc.es/cultura/abci-arte-hacer-muros-piedra-seca-espana-y-7-paises-patrimonio-humanidad-201811281618_noticia.html?ref=https%3A%2F%2Fwww.bing.com%2F. Parece intolerable o volume de cartos que se gasta neste tipo de accións, que se soen vender como medioambientais ou mesmo colocándolle etiquetas que teñen que ver coa accesibilidade.

Outros dos espazos que están sendo esnaquizado coa maquinaria pesada son as beiras de canles fluviais, moitos deles espazos Rede Natura, a figura de protección por excelencia dos espazos máis sensibles dende o punto de vista ambiental na Costa da Morte. Séguese a comer  espazo natural a pasos de xigante sen control mesmo nas beiras do río de Bergantiños, o Anllóns. Pasarelas de madeira exótica compiten coa zahorra. Tampouco neste tipo de obras se escatiman gastos, aínda que a propia zahorra e pasarelas de madeira que se inauguran de verán sexan absorbidos polo río meses despois.

Parece unha broma de mal gusto que a desculpa da accesibilidade esté presente tamén neste tipo de actuacións terroríficas contra o medio dende o punto de vista paisaxístico e ambiental. Parece obvio que ninguén en cadeira de rodas vai pasar por pistas de zahorra onde entran vehículos a motor.
Unha mágoa que neste recuncho peninsular non cheguen a tempo reflexións que noutros sitios levan anos con elas. Na formación de guías de natureza levan tempo estudánose ferramentas e accesorios para facer accesibles as diferentes actividades segundo o tipo de colectivo. Porque a accesibilidade radica na propia actividade, adoptando os medios e ferramentas oportunas e non en desfacer ese camiño para convertilo noutro urbano de tantos outros.

Da para a reflexión que as mesmas administracións que poñen a escusa da accesibilidade para desfacer camiños e beiras de canles fluviais non sexan capaces de facer accesibles os propios entornos urbanos, mesmo edificios de usos públicos.

De nada serven os exemplos de camiños ou sendeiros de pescadores noutros puntos da xeografía peninsular. Ou mesmo rutas en lugares similares doutras comunidades.

Os avais de quen toma acción nas desfeitas son variados, argumentando usos turísticos mesmo de sendeirismo ou natureza, mentres equiparan os chans do rural e zonas de alto valor ambiental, cos mesmos solares de zonas urbanas. Parece obvio que quen toma estas decisións non leva moitos anos facendo sendeirismo. Nin pregunta a quen o fai.

Con todo isto, non cabe lugar a dúbida que nos quedan moitísimos menos espazos onde practicar o deporte do sendeirismo e o futuro non é nada prometedor se non se escoita ás cada vez máis voces que poñen o grito no ceo por esta cuestión. Un punto de mira demasiado curto e quizá inamobible en facer do rural e dos espazos ambientalmente interesantes, xardíns urbanos de chan duro, madeira, papeleiras, columpios e bancos de foto viral.

Se as administracións locais, provinciais e autonómicas son as encargadas de loitar polo rural e parar a sangría de poboación que estamos a vivir na Costa da Morte, quizá moitos deberían partir por acabar co auto-odio polo propio rural e pola súa paisaxe e non querer ocultar ou desfacer unha gran parte do noso chan e tanto do que os nosos antergos deixaron. Todo para parecernos o máis posible ao xardín do Retiro madrileño.

Camiños de Caión XIV PR 3

Camiños de Caión XIV PR 3