Recta final nos Días dos Bosques

Recta final nos Días dos Bosques

Hoxe xoves día 16 proxectarase dende o Espazo da Natureza de Oza ( escola unitaria), Tukki, la huella ambiental, un ilustrativo documental do arquivo Butaca Verde do CEIDA. O pase da película será ás 19 h. e a entrada é libre. A actividade pecha as proxeccións duns Días dos Bosques que agardan o domingo para a tradicional plantación simbólica e en familia de especies de árbores autóctonos.

Desta vez o Día da Árbore segue as cronoloxías de anos anteriores, realizándose na benvida á estación das flores. A partires das 11h. do vindeiro domingo 19 de marzo, xuntarémonos no Espazo da Natureza de Oza ( escola unitaria) para realizar o acto simbólico de sensibilización coas nosas masas autóctonas.

Participación agardada e libre. Trae a túa pala e o teu cubo.