Rumbo norte

Verán ao natural 15: IV Iniciación á Cartografía e Orientación

Verán ao natural 15: IV Iniciación á Cartografía e Orientación

Remataron as IV XORNADAS DE INICIACIÓN Á CARTOGRAFÍA E ORIENTACIÓN na capela de S. Hadrián da Piña despois de percorrer os territorios lindeiros entre os concellos da Laracha e Carballo.

Verán ao natural 15: IV Iniciación á Cartografía e Orientación

Verán ao natural 15: IV Iniciación á Cartografía e Orientación

Rumbos, coordenadas, curvas de nivel, camiños ríos… foron escanedos por 23 participantes o pasado sábado día 8 de agosto no que foi a última sesión deste clásico de verán que se enmarca no VERÁN AO NATURAL 15 e que ten como obxectivo principal achegarse á xeografía do territorio a través de mapas, brúxulas e outras ferramentas básicas de cartografía e orientación.

O grupo, heteroxéneo en canto á idade, xa comezara o mércores día 5 coa introducción aos mapas, ao que lle seguíu a sesión de brúxula celebrada o xoves. Para o venres deixamos as prácticas con ámbolos dous elementos principais. O sábado, a división por grupos fixo a mañán moito máis entretida coa búsqueda de puntos no territorio. Desta vez, escolleronse as parroquias de Bértoa, Berdillo, Sofán, Artes, Cabovilaño e Vilaño.

O record de participación das xornadas e a implicación das persoas asistentes invita á reflexión para organizar máis accións deste tipo cunha cronoloxía máis ampla que permita unha maior profundización dos contidos. Sen dúbida, esta actividade complementase á perfección coas demais do programa VERÁN AO NATURAL 15, un conxunto de iniciativas que teñen como denominador común o respecto do entorno a través dun contacto pleno coa natureza.

Dende agora mesmo xa estamos na preparación da acción máis ambiciosa do ano en canto á contacto co entorno: A Berrea.

Verán ao natural 15: IV Iniciación á Cartografía e Orientación

Verán ao natural 15: IV Iniciación á Cartografía e Orientación

A viaxe a Asturies desenvolvese a través dun contacto pleno coa natureza local e as súas xentes, con pernoctas ao aire libre en plena época de celo dos ciervos. A altitude e o entorno ( cerca do Parque Natural de Redes) fan inigualables as vivencias. As horas de avistamento dos ungulados e a contabilización dos mesmos poñen imaxen aos berros nocturnos dos grandes machos cérvidos.

Moitos son os interesados nesta iniciativa que estades poñendovos en contacto para recibir información. Lembrarvos que o  entorno e o desenvolvemento da actividade requiren un número máximo de participantes polo que as prazas son limitadas.

Para inscribirvos necesitades facer un ingreso bancario pero antes debedes de chamar ao tf 696155232 para informarvos das prazas dispoñibles e do xeito de facelo.

Ánimo coa actividade, xa queda  menos.

Aquí tes máis fotos

Verán Ao Natural 15: IV Iniciación á Cartografía E Orientación

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank