San Finx 2
San Finx 2
San Finx 1
A loita de San Finx chegou a Bergantiños a través dos Xoves de Filme e da proxección “San Finx: a catástrofe de 1960”, dirixida por Irene Pin e producido polo Centro de Saberes para a Sustentabilidade, estreado recentemente.
O documental fai un repaso sinxelo, ameno e didáctico sobre a historia da minaría na zona, parándose especialmente nos actuais vertidos de contidos tóxicos. Xira tamén na loita veciñal, ofrecendo exemplos da situación real e actual da zona e do río, e mostrando reflexións técnicas e de habitantes da zona do gran perigo das balsas que chega ata a ría de Noia e que se podería converter nunha catástrofe moito maior de romper unhas balsas deterioradas enormemente.
A conversa posterior con Lucía serviu para un achegamento moito maior á problemática, así como á labor continua que o colectivo comuneiro está a realizar no territorio.
Sen dúbida un gran exemplo de transformación e loita polos valores naturais e culturais.
Parabéns a tod@s @s integrantes do colectivo e moitísimas grazas a Lucía por achegarnos toda a problemática e a importante labor que estades a realizar.