Santiago de Loroño, primeira parada das HISTORIAS DE INVERNO

Santiago de Loroño, primeira parada das HISTORIAS DE INVERNO

Historias de inverno Loroño 4

Historias de inverno Loroño 4

Santiago de Loroño é unha das 16 parroquias do concello soneirán de Zas. Un interesante territorio no corazón do rural interior da Costa da Morte, con todas as principais características e un rico e variado patrimonio, destacando a súa fermosa igrexa do S. XVIII.
Alí viaxarán mañá venres 30 ás 19h as HISTORIAS DE INVERNO de Senda Nova.
David Fernández e Javier Brenlla presentarannos a Francisco Blanco, Ramón Ferreiro e Fina Otero, @s narrador@s que nos repasarán a historia máis recente da parroquia.
Con ganas de que chegue…
Agardámoste na escola unitaria de Romelle.