Fai xa varias semanas, dou comezo unha nova edición da Escola Ambiental de Senda Nova, un dos proxectos máis ambiciosos da entidade, dirixido a nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e levado a cabo integramente a través de voluntarios e voluntarias, ao igual que todas as actividades que se levan a cabo dende Senda Nova.
A Escola Ambiental é un proxecto no que se traballa cos máis pequenos ao longo de 8 meses (de novembro a xuño) cos obxectivos principais e básicos de achegar aos pequenos participantes ao seu entorno natural e cultural, a través de actividades que se realizan todas as semanas,como rutas de sendeirismo interpretativas, sesións de aula, dinámicas na natureza, actividades culturais etc
Son xa varias as actividades que levan realizadas os maís de 25 nenos e nenas de Senda Nova nesta IV edición da escola, participaron xa en varias camiñatas, nas que pouco a pouco van mellorando a nivel físico e tamén a súa preparación e coñecemento para saír a natureza, divertíronse e ampliaron coñecementos nas sesións de aula, e xogaron e disfrutaron nas dinámicas e xogos ao aire libre… aprendendo e demostrando o seu esforzo día a día.
Durante os 8 meses de duración do proxecto os nenos e nenas interesados en formar parte da actividade poderán seguir inscribíndose, xa que o prazo de inscripción está continuamente aberto, e poderán ir incorporándose nenos e nenas a Escola durante todo o curso.
É imprescindible que a suma de esforzos que fan que actividades como esta saian adiante, sigan manténdose e medrando día a día. Este proxecto sae adiante un ano máis grazas á implicación de administracións (Concello de Carballo e Deputación da Coruña), de cada un dos nenos e nenas participantes e as súas familias, aos cales dende un primeiro momento se lles pide colaboración e esforzo para seguir medrando, a todas as persoas que participan na difusión e na posta en valor da actividade, e como non, dos monitores/as e colaboradores que poñen o seu tempo libre para preparar as actividades, organizalas, e levalas a cabo. Sen toda esta suma de esforzos e compromisos sería moito máis difícil que proxectos deste tipo se puideran realizar.
Proxectos que funcionan e avanzan a base de motores cargados e movidos polas ilusións, valores, premisas e traballo desinteresado de quenes forman parte deles.
Animámosvos, pois, dende a entidade a todos e todas vós, pequenos e maiores, a participar, a colaborar, a difundir, e a formar parte do equipo Senda Nova.