Semana de presentacións e Terrás do Marqués

Semana de presentacións e Terrás do Marqués

Esta semana tocounos viaxar polas Terras do Marqués. Comezamos o percorrido o mércores co programa de radio “Da lareira á lameira”. No que José Manuél Menéndez nos fixo un rápido percorrido das terras de Artes e Ardaña que logo pisaríamos o vindeiro domingo, e que nos poñía en situación dos diversos lugares que íamos visitar.

Xoves de Filme

Ao día seguinte, o xoves 8, tocoulle o turno aos Xoves de Filme con:  “Touro-O Pino: a ameaza do cobre”. Un longametraxe documental coa dirección e realizacion de Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresarixs, o conflicto xurdido en Touro e O Pino dende que a empresa galega Cobre S Rafael coa chipriota Atalaya Mining, pretenden reabrir as vellas minas de cobre. Unha explotación moi cuestionada pois afectaría a moitas empresas, a gandeiría, agricultura, así como ás augas que abastecen a comarca, existindo riscos graves para a vida das personas da zona.

Conversas no luscofusco: Evaristo Domínguez

As “Conversas no luscofusco” volveron a acoller ao gran mestre Evaristo Domínguez, nas cales, as súas sabias verbas nos trasportaron ata o megalisto. No que aprendemos moito sobre como vivían ou se enterraban os nosos antepasados, as lendas que hai tras eles, ou os divesos nomes cos que se lle pode chamar a unha mámoa. Isto todo servirianos de gran axuda para o roteiro do domingo, pois visitaríamos a mámoa da Peniqueira ou o Bico do Castro.

A semana continuaba e con ela as actividades. Desta vez, o sábado, tiña cabida dentro do Espazo da Natureza de Oza a presentación da 7ª Escola Ambiental-Concello de Carballo. No que, unha chea de rapazas e rapaces dispostos a aprender e conservar o seu patrimonio máis achegado, compartiron unha tarde ben agradable entre risas e máxia.

E como punto final a unha semana tan chea de actividades, o domingo dispuxemos rumbo a Gontade. A antiga escoliña foi a nosa saída. E o Pazo de Gontade, o primeiro dos tres pazos polos que percorreriamos, en darnos a benvida. Alí nos esperaba Alicia, que como lle prometeramos dende a primeira vez, ano tras ano a visitamos, e xa van máis de 10!

A igrexa de Sta. Mª de Ardaña e a aldea de Quintáns levarianos ata unha fermosa corredoira na que a observación levounos a dar co rastro dun xabarín. Deixávamos atrás Ardaña e pouco a pouco mentras a costa seguía crecendo fómonos metendo na parroquia de Artes e, case no punto máis alto do percorrido, no alto da Peniqueira, poidemos gozar dunhas impresionantes vistas da bisbarra. Preto dese punto tamén puidemos ver o aprendido con Evaristo o venres, pois vimos unha mámoa que non sabemos se ten “decepción ou non” pero de seguro que non o foi ir vela.

No punto máis alto de todo o percorrido chegamos ó fermoso e impoñente Bico do Castro. Dende el, o marqués de Vilar de Francos podía divisar todo o seu territorio e controlar aos seus labregos. Polos seus territorios continuamos  ata dar co seu fogar. Alí no pazo que leva o seu nome esperaba Vanesa, que moi amablemente veu abrirnolo para que o poidemos contemplar. E moi agradecidas lle estamos por amosarnos os segredos que nel agocha.

Por primeira vez en tantos anos, non puidemos abrazar ao forte Carballo de San Antón posto que un temporal o feriu de gravidade e ao seu redor está cintado. Unha gran ferida que non impide que se siga vendo o poderoso que pode ser, e esperemos que non decaía e se siga mantendo en pé durante moitos anos máis.

Despedímonos do senlleiro Carballo, dándolle todo o no noso ánimo e agarimo para continuar ata a igrexa de San Xurxo de Artes e posteriormente rematar como empezaramos. Nun pazo. O pazo das Pallas poñía punto e final a xornada e despedía a unha semana de gran contido e actividades. Tamén nos daba forzas para non decaer e continuar na andaina do novo que estaba por vir e lembrar que tras o esforzo conxunto podemos seguir poñendo o noso gran de area para que as vindeiras xeracións non perdan a gran riqueza que teñen ao lado das súas casas. E lle poidan seguir decindo a Alicia e a todo ese patrimonio tan agochado e esquecido: “de hoxe nun ano!!”

 

Terras Do Marqués – 7ºOM

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank