Senda Nova nunha nova edición de EU QUERO RAZO BALDAIO

Senda Nova nunha nova edición de EU QUERO RAZO BALDAIO

quero Razo-Baldaio 2021

quero Razo-Baldaio 2021

Por tercer ano consecutivo, a concellaría de medioambiente do Concello de Carballo ven de presentar o programa EU QUERO RAZO BALDAIO, un proxecto que cumpre xa tres anos e que ten como obxectivo o coñecemento do medio natural e patrimonial das parroquias costeiras do concello.

Dentro do proxecto participan as entidades GN Hábitat, Adega e Senda Nova, no que serán dous intensos meses con diferentes actividades semanais os mércores e os fin de semana. Dentro das mesmas realízanse xornadas de achegamento á píllara das dunas, limpezas, obradoiros de pegadas, rutas nocturnas ou retirada de especies invasoras, por exemplo.

As actividades son de balde e as prazas son limitadas en cumprimento dos protocolos COVID 19 e das características de cada unha das accións.
O proxecto dará comezo este vindeiro sábado día 3 de xuño e domingo 4 cun obradoiro de pegadas e indicios ” DESCUBRE AS PEGADAS E OS INDICIOS NOS CAMIÑOS”, aos que lle seguirá unha actividade de coñecemento cultural “RUTA POLO PATRIMONIO DA COSTA CARBALLESA”, ambas accións guiadas por Senda Nova.

Podes conseguir máis información dende a web do Concello de Carballo http://carballo.org/euqueroRB/presentacion.php?idioma=gl

Dende alí tamén poderás cubrir o formulario de inscripción.

quero Razo-Baldaio 2021

quero Razo-Baldaio 2021