A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA ven de fallar os premios OSIXENO e DIOXINA 2019 coa que a entidade conservacionista galardoa ás mellores e peores actuacións e condutas medioambientais no ano que rematou.
Estes premios contan cunha traxectoria de case dúas décadas, cunha influencia importante en todo o territorio galego, sendo concedidos por unha entidade referencia dentro do ecoloxísmo do país. Os galardóns divídense en:
1. Premios Dioxina individual e colectivo para as entidades e persoas con conductas negativas cara o medio natural. Neste caso os galardóns recaeron respectivamente no actual Director Xeral Enerxía e Minas, Ánxel Bernardo Tahoces e nos responsábeis da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
B) Colectivo:
Para a Asociación Ambiental Senda Nova, para poñer en valor o seu traballo durante 2019 e na última década a prol da educación ambiental nas comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes, converténdose nun referente na zona na organización de actividades de interpretación da Natureza.
Asimesmo, ADEGA concede o premio Osixeno de Honra 2019 a Elvira Cienfuegos, catedrática de Ciencias Naturais, bióloga, docente, política e ex-secretaria xeral de ADEGA pola súa traxectoria de traballo e compromiso coa natureza galega.
Agradecer fondamente a ADEGA por este galardón tan importante para nos e por lembrarse do noso traballo durante o balance destes premios.