Premio CEIP Fogar

Premio CEIP Fogar 1
Non hai mellor recoñecemento que o da túa xente.
O pasado mércores día 22 de outubro, membros da directiva de Senda Nova achegábanse ao CEIP FOGAR de Carballo para recoller o cheque de plástico que facía referencia aos cartos en metálico que tamén tiñan preparados para a nosa asociación.
O CEIP FOGAR escolleu este ano á Asociación Ambiental Senda Nova para a donación da recadación acadada na pasada PEQUEFEIRA, onde se venderon moitas das elaboracións realizadas polo alumnado do centro, así como das colleitas cultivadas na horta do centro polas rapazas e rapaces.
A recadación ascendeu a 3000 €. Varias rapazas de 6º de primaria acompañados por Antía Reinoso e Fernando Garea, director do centro, fixeron entrega dos cartos a Jose María Borrazás e Jose Manuel Menéndez, membros da directiva de Senda Nova.
Dende Senda Nova queremos agradecer ao alunado, profesorado, e de xeito xeral, a toda a comunidade educativa do CEIP Fogar esta achega. Para nos é sumamente importante este aporte económico, que se destinará á programación de actividades que ven desenvolvendo esta entidade. Do mesmo xeito queremos agradecer a iniciativa e a labor social que se ven realizando dende este centro nas últimas décadas, fomentando o espírito colectivo e de comunidade e espallando os valores de respecto social e conciencia ecolóxica.
Tamén queremos valorar o simbólico do acto, e que se lembraran de nos para a achega do premio.
E finalmente agradecer ao centro cantas facilidades nos dan ano tras ano para desenvolver as actividades da nosa asociación neste centro educativo.
PROGRAMA DA LAREIRA Á LAMEIRA
Aproveitando a data e a hora, a emisión do programa de Radio Cerceda DA LAREIRA Á LAMEIRA, emitiuse dende o propio centro educativo, tendo como protagonistas as rapazas de 6º de primaria.
Non hai mellor recoñecemento que o da túa xente.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfogarcarballo/node/1887