A nosa asociación estará do 15 ao 22 de agosto compartindo actividades con entidades de Eslovaquia, Grecia, Lituania, Rumanía, Georgia e Italia dentro dun proxecto chamado “Pasta la Vista“, na rexión de Gerlachov, impulsado pola entidade eslovaca “Regionálne centrum mládeže”, para mozos e mozas, no que aprenderemos a cociñar e a mellorar os hábitos de comida, así como a desenvolver a interculturalidade a través da cociña de cada país. Farémolo mediante a práctica, con obradoiros e, sobre todo, coa convivencia.
Para representar a Senda Nova e a Galicia neste intercámbio europeo, en Senda Nova valoramos de xeito especial o traballo voluntario dos mozos e mozas en entidades da Costa da Morte. Deste xeito, dos máis de 20 interesados e interesadas no proxecto, viaxarán 5 persoas comprometidas coa dinamización social, ambiental e cultural das comarcas de Bergantiños e Soneira.
Agradecemos a todos e todas cantos mostraron interese no proxecto, intentando, nun futuro, poder compartir outras experiencias. Noraboa a todos os que participarán del, desexando lles sexa de utilidade para eles e para as entidades nas que comparten esforzos.
As mozas e mozos que participarán dende Galicia con Senda Nova son: