Fábricas que cheiran a antigo, que rechían co movemento da auga. Moreas de muíños abandonados. Covas de historia incerta e de lonxitude por explorar. Castros con cheas de lendas que aínda hoxe desprenden reparo nos máis maiores.
Sofán ofrécenos mil recunchos imposibles para coñecer e outros mil para investigalos a través dunha ruta que percorre o máis íntimo dunha das maiores parroquias da comarca.
Ríos de Sofán navega na lama das beiras do Bardoso e do Carral e camiña por antigas corredoiras cheas de encanto e de historia, que transmiten emoción e que nos traslada a épocas pasadas. Patrimonio por descubrir e máis de vinte qm íntegros por un dos percorridos máis emocionantes e enlamados polos que percorremos.
A noso Sofán como era antigamente para pechar unha 8º PRIMAVERA EN RUTA chea de coñecemento.
Aló imos este vindeiro domingo. Estás a tempo de acompañarnos.