SOS RIBEIRA DA PENA

riberia da pena bosques 17

riberia da pena bosques 17

Remata inverno, Día da Árbore, e unha programación dedicada ás especies autóctonas: ao bosque autóctono.

Nas inquedanzas da asociación segue a vivir a mirada cara os espazos máis próximos. O que se da en chamar pensamento global, acción local, dende un punto de vista de programación humilde pero sempre coa mente en dar a coñecer o máis achegado para poder protexelo.

Estes Días dos Bosques así quixeron responder, dende esa visión do achegadol e a través dunhas actividades desenvolvidas na nosa contorna, como as visitas ás beiras do río Bardoso en Montemaior;  no  bosque da Berbia na parroquia de Entrecruces; nos obradoiros sobre as pegadas de animais e, como é tradición nos orixes das andainas que camiñan a contorna: a visita aos Camiños de Aldemunde.

Esta última saída percorre o interesante bosque da Ribeira da Pena e une, ano tras ano, a conciencia dos visitantes que, a modo de avaliadores do estado do noso medio conducen cara a un futuro negro as conclusións dun dos bosques mellor conservados da Costa da Morte.

As 80 hectáreas de bosque autóctono delimitadas en estudos de fai anos, ben poderían quedarse en menos hoxe en día. A actividade continua coa mocidade nun espazo fascinante non recolle os froitos desexados cos que, a priori, teñen a capacidade de actuación sobre un territorio aínda virxe. A labor de carácter interpretativo ven dándose na entidade neste espazo dende os mesmos comezos do colectivo, sendo o entorno da Ribeira da Pena un dos sitios máis visitados nas propostas de coñecemento.

As problemáticas do paso sistémico de quands por zonas sensibles quedou atrás de xeito momentaneo. Incluso as cortas de carballos están sendo esquecidas co rebrote dos novos Quercus Robur en dimensión infantíl.

Aínda así, a vella problemática acentúase cada día máis e a sociedade non pode seguir a sentir a Ribeira da Pena como un terreno de ninguén, no medio de tres parroquias, tres concellos e dúas comarcas.

A introdución de eucaliptos é contínua e está a provocar o desastre. Dende fai máis dunha década e, incluso antes e probablemente con máis intensidade, xa dende que a nova estrada á Silva achegara a infraestrutura ao corazón verde. Tamén para permitir un mellor acceso de maquinaria pesada a un terreo defendido ata ese  momento, polas pendentes considerables que brotan dende o mesmo río Abeleira.

E a situación do último ano acentuouse, de xeito exponencial, na ladeira de Cerceda. Os camiños antigos desaparecen. Os muros que os delimitan ceden ao paso da maquinaria pesada que fulmina corredoiras, accede aos espazos a través de pistas anchas que chegan mesmo á beira do río.

Pouco lles custa entón aos motores rematar coa vexetación autóctona. Unha vexetación autóctona aniquilada ata os bordes do río Abeleira, testemuña directa da chegada destas actuacións.

O seguinte paso é a plantación de eucaliptos. Moitos dos cales, de variedades máis agresivas, fai tempo que aterraron preto do espazo, que deixaron a súa pegada en forma de ausencia de sotobosque, de variedade de vida e do fortalecemento ben visible dos incendios forestais. Mais agora, tinza por tinza de territorio estase a completar dun xeito rápido un atentado a un dos bosques mellor conservados da bisbarra. Unha morea de actuacións de pouco sentimento que está a rematar co hábitat de numerosas especies de animais e plantas, coa vida máis auténtica do pouco que nos queda de bosque autóctono.

A protección do medio natural é moito máis que un árbore, son ecosistemas cheos de vida e dende  Senda Nova queremos facer una denuncia enérxica para una situación moi comprometida á vez que un chamamento á poboación en xeral e, especialmente das comarcas de Bergantiños e Ordes para a mobilización a prol do bosque, en contra do eucalipto.

Non será así, co ruído atronador das máquinas e co silencio da sociedade. A Ribeira da Pena depende de nos.

 

riberia da pena bosques 17 3

riberia da pena bosques 17 3

riberia da pena bosques 17 2

riberia da pena bosques 17 2

riberia da pena bosques 17

riberia da pena bosques 17