O vindeiro mércores día 19 de xuño ás 19:00h celebrarase no Espazo da Natureza de Oza unha actividade enmarcada no proxecto de horta comunitaria Sementando no Espazo. Consistirá nunha charla – obradoiro sobre preparados naturais para a horta que impartirá Ramón Nogueira, e a cal poderá asitir toda aquela persoa que o desexe e lle resulte de interese a temática. Ademáis participarán tamén as actuais persoas que participan na horta comunitaria e que teñen espazos cedidos ou que colaboran no mantemento das parcelas comúns.
A actividade está recomendada para pequenos e maiores e en xeral para todas as persoas interesadas en aprender alternativas ecolóxicas e naturais para previr e combater plagas na horta e aboar de xeito natural .
A asistencia a esta actividade será libre e de balde asique non deixes pasar esta oportunidade que che servirá tamén para coñer as instalacións e o proxecto de horta homunitaria. Aproveitamos para lembrarvos que o prazo de inscripción a Sementando no Espazo está aberto todo o ano ainda que a cesión de espazos virá condicionada polas parcelas que haxa libres. De momento aínda é posible incorporar algúns participantes máis polo que se che gusta a horta, e queres compartir espazo e coñecementos con outras persoas coas mesmas inquedanzas ca ti convidámoste a coñecernos e participar no programa.
Non te esquezas, vémonos o mércores día 19, ás 19h!! Non faltes!!