TEMPADA 8: CAPÍTULO FINAL “RUTA NOCTURNA”

TEMPADA 8: CAPÍTULO FINAL “RUTA NOCTURNA”

Roteiro nocturno 2017

 

21 camiñantes, predicción de mal tempo, mochilas cargadas ata os topes, comezar con unha costa interminable…A cousa non pintaba ben, incluso parecía o fatídico desenlace de una serie de terror, pero non quero adelantarvos o final.

. . .

Sábado 8 de Xullo, 21:00 horas. Ahí estábamos 21 valentes adentrándonos nunha ruta na cal sabíamos de anteman que non nos depararía as mellores imaxes debido o mal tempo, pero ainda así, puxemos as mochilas o lombo e camiñamos sen medo hacia Pico de Meda, en Zas, nunha ruta totalmente diferente do que Senda Nova nos mostraba ata o de agora.

O atardecer moi nubrado xa nos anticipaba que a noite iba ser fresca a pesar de estar no verán, e que a espesa néboa nos dificultaría o camino; pero 12 km en boa compañía fanse sen darte conta e a recompensa de rematar e máis grande que o medo a oscuridade.

Sen saber o porqué, a negra noite parece que nos aceleraba e a pesar de que seguramente estábamos por ocasión rodeados de lobos, disfrútabamos de cada paso, xa que o único que nos atacaba nese intre era o intenso frío que nos calaba os osos.

Con todo, as nenas e nenos apuraban os maiores ca súa enerxía inesgotable tirando de todos nós, ¡que envexa! Que fora neno de novo…

A pesar da néboa que o cubría todo, houbo un momento estándo rodeados dos eólos, que o ceo tivo piedade de nós e se despexou podendo permitirnos ver as estrelas, en concreto a Osa Maior e a Estrela Polar.

Con isto conformámonos bastante, xa que eu polo menos, nin con esto contaba.

O capítulo está a piques de rematar, continuamos a caminata e entrando nas 2 da madrugada chegamos o final do episodio e, estando os 21 participantes enteiros, pousamos a equipaxe e pernoctamos na carballeira de San Roque do Monte.

Domino 9 de Xullo, 2:30 horas. Concluímolo episodio sans e salvos…o único que nos queda e o cansancio e as ganas de durmir.

Fátima Cambón Varela

P.D. : Teño ganas de que chegue o ano que ven, sobretodo cun tempo máis despexado para poder disfrutar as vistas que alberga Pico de Meda cando cae o sol. FIN.