Todo preparado para o estreo do XIII OUTONO EN MARCHA

Todo preparado para o estreo do XIII OUTONO EN MARCHA

presentacion 13 outono en marcha 3

presentacion 13 outono en marcha 3

Medio cento de persoas recibiron a 13 edición do OUTONO EN MARCHA, un proxecto que segue a vertebrar o sendeirismo como ferramenta do coñecemento do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico. Un novo OUTONO EN MARCHA está preparado para botarse ás corredoiras das comarcas de Bergantiños e Santiago.

Sete propostas están preparadas para gozar de paisaxes costeiros e de interior, sete andainas de dificultade sinxela que convidan a sumerxirse na lama das corredoiras da Costa da Morte.

Os obxectivos non varían dende que fai anos tomamos a premisa de non deixar o patrimonio nin os roteiros e percorrelos unha vez por ano. A esta premisa súmase un novo percorrido que estrearemos entre os concellos de Val do Dubra e de Trazo, pola parroquia de Niveiro

 

ENCAIXE DE AXUDAS

Como é habitual nos programas de andainas, a colaboración entre institucións é fundamental. A axuda dos concellos da Laracha, Carballo e Val do Dubra súmanse as entidades ambientais de Niveiro e Veciños polo Rural de Cerceda. É novidade tamén a aportación da Escola Oficial de Idiomas de Carballo, que establece este programa de sendeirismo como actividades extraescolares alternativas.

Todo este entramado segue a ter no voluntariado de Senda Nova o eixo fundamental onde xira toda a axuda de cantas entidades están involucradas.
Outra das patas importantes son as persoas que colaboran en cada unha das andainas, axudando a descifrar o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico.

13º OUTONO EN MARCHA

 

Aprendendo e camiñando

Valorando o noso patrimonio

 

. SENDA DAS CAPELAS (A Laracha)

13 de outubro

Distancia 9,8 km

Saídas:
Concello da Laracha 9:30
Carballo Rúa Venezuela 9:15

 

  • RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER (Carballo)

20 outubro

Distancia          8,5 km

 

Saídas

Concello da Laracha     9:00h

Carballo Rúa Venezuela   9:15h

 

 

  • VÍA ALCAIANUS (Coristanco-Carballo)

27 outubro

Distancia     18 km

 

Saídas

Concello da Laracha  9:00h                                                       Carballo Rúa Venezuela   9:15h

 

. TERRAS DO MARQUÉS (Carballo)

10 novembro

Distancia  6,2 km

 

Saídas:

Concello da Laracha    9:30h

Carballo Rúa Venezuela     9:15h

 

  • PEGADAS DO WOLFRAMIO (Carballo)

17 novembro

Distancia  8,2 km

Saídas:

Concello da Laracha                   Carballo Rúa Venezuela

9:00h                                       9:15h.

  • RUTA DAS FÉRVEDAS (Carballo)

24 novembro

Distancia  10,5  km

Saídas:

Concello da Laracha         Carballo Rúa Venezuela

9:00h                             9:15h

 

 

CAMIÑOS, SOUTOS, BRAÑAS E MUÍÑOS DE NIVEIRO (Val do Dubra-Trazo)

1 decembro

Distancia aproximada      13 km

 

Saídas:

Concello da Laracha  9:00h

Carballo Rúa Venezuela      9:15h
Concello de Val do Dubra   9:45h

 

 

Descifrando os segredos da nosa contorna

 

*O obxectivo principal é descubrir o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da nosa contorna.

* A inscrición ás actividades inclúe:
O guiado e condución da mesma

O transporte dende os lugares de orixe e a volta aos mesmos ao finalizar.
* Seguro de accidentes

 

Lembra

 

* Traer o equipo necesario para a actividade que realizas:
Calzado e roupa axeitados, mochila, impermeable e unha prenda de roupa a maioress para cando paremos.
Comida e botellín con auga.

* Puntualidade

* No rural da nosa contorna hai lama e en Galicia chove.

*Se dispós da condición física para o desenvolvemento das actividades

*Facilitar aos guías a súa labor para un mellor desenvolvemento da actividade.
* Será de obrigado cumprimento un respecto escrupuloso polo medio natural, evitando deixar pegada innecesaria.

* Se ecolóxico, aproveita ao máximo a actividade. Aporta e escoita.

 

 

Todas as andainas son de dificultade baixa

 

Prazas limitadas.   As actividades poden sufrir modificacións.

 

 

 

INSCRIPCIÓNS

 

Lugares de apuntamento:
(persoas de fora de Bergantiños, poñerse en contacto connosco
)

 

Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar               luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                        luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

Espazo da Natureza de Oza                                       Mércores, xoves e venres de 17 a 20h.

 

Escola de Idiomas de Carballo. Pazo da Cultura. 1º andar.   Martes de 18 a 20h

 

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

 

 

                            Non socixs:                                  Socixs:

Maiores de idade:                8€                                                          6€

Menores de idade:                6€                                                                4€

 

 

 

13 outono en marcha cartel jpg

13 outono en marcha cartel jpg

13 outono en marcha triptico 2

13 outono en marcha triptico 2

13 outono en marcha triptico 1

13 outono en marcha triptico 1

DESCARGAR AQUÍ O TRIPTICO EN PDF