Case 40 persoas reuníronse hoxe, día 19 de marzo no Espazo da Natureza de Oza (antiga unitaria) para celebrar, coa entrada da primavera, o que é tradición xa dende Senda Nova nestas datas: O Día da Árbore.
Así, entre todos e todas e en familia, participar nun acto simbólico para a conservación e protección do noso bosque atlántico.
O noso bosque autóctono, moi mermado gracias a sobre explotación forestal e á masiva introdución de especies foráneas como o eucalipto, está a agonizar con especies vexetais e animais da contorna autóctonos dentro. Mudando os ecosistemas propios por plantacións exóticas.
Neste día, plantamos unha ducia de carballos autóctonos, carballos que nun futuro serán transplantados a outro lugar máis axeitado no que poidan vivir de xeito definitivo para servir de aporte á recuperación dalgún bosque da contorna.
Mentres non chega ese día, as nenas e nenos da Escola Ambiental de Senda Nova, serán os encargados de ir a visitalos, regalos e darlles todos os coidados necesarios para que crezan fortes e algún día lle poidan servir de sombra e vida para moitos outros seres.