Únete a limpeza simultánea de praias 2019

Únete a limpeza simultánea de praias 2019

Un ano máis dende Senda Nova colaboramos coa limpeza simultanea de praias que organiza a Asociación Ecoloxista Adega para protexer e potenciar o valor dos nosos litorais.
Durante a xornada do día 19 de outubro centos de voluntarias e voluntarios traballaremos de xeito simultaneo en diferentes puntos de Galicia para limpar un tramo de río da nosa zona, e sobre todo para concienciar a poboación da importancia das pequenas accións e da relevancia que poden ter sobre todo no eido da educación ambiental.


Dende Senda Nova sumámonos un ano máis encantadas de poder aportar o noso gran de area para protexer o litoral Carballés.
Nesta ocasión centrarémonos na praia das Saiñas (Baldaio) , o punto de encontro será ás 11:00h no aparcadoiro de Baldaio, xunto a ponte.


Se queres participar soamente tes que apuntarte a través do tlf 611037614 e vir con luvas, botas e ganas de pasar unha mañán traballando en equipo.
Esperámoste!