UNHA REVISTA?

 

Temos traballo xa adiantado para unha humilde publicación que puidera ter continuidade no tempo de xeito periódico e en papel.

Un escaparate para as nosas actividades e as de cantas asociacións comparten connosco espazo xeográfico e tamén actividades. Un espazo para os propios obxectivos da entidade a través de contidos específicos sobre a cultura, ecoloxía, paisaxe e economía sostible. E como marco Soneira e Bergantiños.

Desexamos que o pequeno comercio e, sobre todo, as iniciativas privadas sostibles estean presentes e sexan protagonistas no propio financiamento da iniciativa con pequenas cantidades.

Se estás involucrado nunha entidade sen ánimo de lucro que está a dinamizar as nosas comarcas, ponte en contacto con nos para que as actividades poidan estar presentes.

Se estás dentro do pequeno comercio da zona e nos queres axudar, estamos agardándote. Dinos algo.

Cousa de tod@s é.