O vindeiro sábado día 9 de abril ás 13 horas, recibiremos a XIII edición do programa Primavera en Ruta.
A XIII PRIMAVERA EN RUTA está xa a volta da esquina. O traballo organizativo leva un tempo en marcha e temos todo preparado para ofertarvos o sendeirismo consciente que consideramos vimos desenvolvendo dende o nacemento da asociación e, de xeito máis intenso, nos últimos 13 anos do programa máis antigo de Senda Nova.
Ademais do publico en xeral, ao acto están convidadas/os tamén representantes de todos os concellos colaboradores, así como membros de plataformas veciñais, asociacións colaboradoras, rapazada e familias da Escola Ambiental, A.V. protección Civil de Carballo e socios/as e voluntariado de Senda Nova.
Dentro da propia presentación, terá importancia a propia rapazada da Escola Ambiental. Contaremos con eles para unha visita guiada ás instalacións onde desenvolven proxecto e tamén para que nos expliquen a súa evolución nas actividades que non se ubican dentro do Espazo da Natureza de Oza.
Descarga AQUÍ o cartaz pdf da presentación.