VOLVEN OS XOVES DE FILME

VOLVEN OS XOVES DE FILME

Xoves de filme 2025

Xoves de filme 2025

Volvemos cos Xoves de Filme porque vemos no cine unha ferramenta coa que falar de problemas sociais e coa que compartir en comunidade inquedanzas. Queremos achegarnos a todas as idades e por iso nesta ocasión faremos proxeccións abertas a todos os públicos e outras máis complexas que están máis pensadas para persoas adultas.  Todos os filmes son documentais escollidos con cariño e adiantamos que veñen con sorpresas. Tamén como novidade este ano daremos pipocas as e os peques. Sólo esperamos da vosa asistencia e que tamén participedes nos debates posteriores que pintan interesantes. Por último, os luns antes de cada proxección colgaremos en redes máis información de cada filme para animarvos a vir.

 

16 de outubro: O SEGREDO DO BOSQUE
O bosque tropical de Guinea Ecuatorial é unha das poucas zonas de selva virxe que aínda quedan no mundo. Descoñecido e inexplorado garda moitos segredos baixo o manto da vida. Movido pola curiosidade innata, Bartolo, un vello cazador africano, viu de todo no bosque agás ao moucho. Bartolo e un moucho lévannos a valorar a diversidade dos bosques.

30 de outubro: GARANTIA DE VIDA
O aborto en República Dominicana está totalmente prohibido e penado por lei.  Garantía de vida recolle testemuñas das víctimas de esta lexislación para  apoiar ao movimiento feminista na súa loita pola consecución de dereitos  básicos para as mulleres.

13 de novembro: ALALÁ

Un relato social sobre o barrio das Tres Mil Viviendas en Sevilla, unha das comunidades máis empobrecidas do noso país. Emilio Caracafé, cos seus propios recursos, puxo en marcha unha academia de flamenco no barrio para nenas e nenos en risco de exclusión social. Escola que une a través da linguaxe común do flamenco.

27 de novembro: KATSIKAS. ECOS DUN ÉXODO

Un campo de persoas refuxiadas en Grecia é o escenario desta crítica á xestión global da migración, neste caso da guerra e da devastación en Siria. A través do testemuño dalgúns dos seus habitantes, coñecemos a traxedia que estas persoas están a sufrir e entendemos que estas persoas son coma nós; cun nome, unha familia, un fogar, un traballo. Persoas que o perderon todo.

11 decembro: LAR

Rodado en Becerreá e Zas está protagonizado por xente de diferentes xeracións; avoas e avós con netas e netos. O rural galego, os lazos familiares e o paso do tempo son os tres eixos sobre os que se estrutura. Pasado, presente e futuro, ou o lugar ao que sempre queremos volver.