cartel limpeza de rios 2017
cartel limpeza de rios 2017
Un ano máis, a asociación ecoloxísta ADEGA impulsa en Galicia a Limpeza siultánea de ríos, unha actividade cun grande carácter simbólico na que tamén se contribúe de xeito sustancial á recollida de lixo nos ríos galegos á vez que mostra as importantes carencias que manteñen os cauces fluviais.
Como en anos anteriores, dende a Asociación Ambiental Senda Nova colaboramos xunto con moitas entidades galegas, nunha limpeza que se desenvolverá de xeito simultáneo en todo o país, e que pretende achegar a importancia do mantemento dos ecosistemas fluviais en bó estado así como facer ver do deterioro actual dos mesmos.
Dende Senda Nova animamos a todas e todos a colaborar na acción que, dende Bergantiños, levaremos a cabo no río Anllóns a partires das 11 da mañán do día 1 de outubro, a cando decenas de colectivos de tota Galicia.
Para apuntarte lembra chamar primeiro ao teléfono 611037617. O lugar de quedada será a ponte de Bértoa , no extremo do chamado paseo do Anllóns carballés.
Prepara as túas luvas, botas e anímate.
Máis información 611037617
http://adega.gal/axenda.php?id=454&idioma=gl&sec=12