O verán remata, máis as actividades non. Este vindeiro domingo, día 30 de setembro, participamos coa asociación ecoloxista ADEGA e xunto con outros moitos colectivos, na XI Limpeza simultánea de ríos.
O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saímos aos nosos ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que temos participado nas limpezas anteriores.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todas e todos realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.
Dende Senda Nova animamos a todas e todos a colaborar na acción que, dende Bergantiños, levaremos a cabo no río Anllóns-Ponte de Bértoa a partires das 11 da maña do día 30 de setembro a cando decenas de colectivos de toda Galicia.
Para apuntarte lembra chamar primeiro ao teléfono 617197591 ou 611037617. O lugar de quedada será a ponte de Bértoa , no extremo do chamado paseo do Anllóns carballés.
Prepara as túas luvas, botas e anímate.
Anímate a participar con nós! Móllate polos nosos ríos!
Páxina proxecto ríos: http://proxectorios.org/