Xornada sobre a Píllara no concello de Carballo

Xornada sobre a Píllara no concello de Carballo

O vindeiro xoves 9 de maio no Forum de Carballo terá lugar unha xornada técnica sobre a xestión e conservación da Píllara das Dunas, enfocada como non, nas praias da zona con presenza de cría da especie.

A xornada está impulsada polo Grupo de traballo sobre a píllara das dunas, integrado, entre outras entidades, por grupos conservacionistas como o G.N. Hábitat ou  Asociación Ambiental Senda Nova.

A xornada está aberta ao público, sendo o programa o que segue:

PROGRAMA:

  • 10:30 h. Presentación da xornada. Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Jesús Domínguez (USC)
  • 10:40 h. Contexto actual e problemática de conservación da Píllara nas praias de cría da Costa da Morte e Ferrolterra. María Vidal (USC)
  • 11:00 h. A conservación da Píllara das dunas dende a óptica municipal. Experiencia  do Concello  do Grove. Ánxeles Domínguez e Francisco Meis  (Concello de O Grove)
  • 11:30 h. O papel das sociedades conservacionistas na conservación da Píllara das dunas. Sociedade Española de Ornitoloxía. Encarna González e Gustavo Ferreiro (SEO-Pontevedra)
  • 11.45 h. O papel das sociedades conservacionistas na conservación da Píllara das dunas. Roberto Vidal (Grupo Naturalista Hábitat) e  representante da Asociación Ambiental Senda Nova.
  • 12:00 h. Rolda aberta de intervencións.
  • 13:30 h. Peche da xornada.