Un ano máis, ao comezo da primavera, achegámonos ao bosque autóctono, principalmente dende un punto de vista práctico. As XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016 seguen a premisa de edicións anteriores. É precisamente nesta época, fai xusto dez anos, comezaba os seus pasos esta entidade. Os bosques sempre foron lugar de lembranza e parada nas diferentes actividades que, durante todos este anos, fomos texendo.
Nun principio, as actividades específicas para posta en valor do bosque autóctono, centrábanse na época de outono, pero estas actividades foron, pouco a pouco, tendo oco nos lindes entre o inverno e a estación das flores.
En todos estes anos o pouco bosque autóctono que nos queda na Costa da Morte foi reducindose e mantense ameazado por diversos condicionantes. Estas circustancias e a crenza da necesidade de pontenciar con todas as forzas o mantemento das masas autóctonas en bó estado de conservación, fainos seguir na organización deste tipo de actividades para todos os públicos e, de xeito especial, co traballo de sensibilización dos rapaces e rapazas.
Dentro das Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016 presentamos esta serie de documentais do arquivo do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIDA) . Con elo pretendemos o achegamento a diferentes problemáticas en bosques autóctonos de diferentes partes do mundo de e a posta en común coas ameazas do bosque autóctono galego.
Amazonia carbonizada Carlos García Paret, Ramón Alegre, 2011, 50 minutos
Pensamento global, actuacións locais. Poderemos comprobar problemáticas moi comúns a diferentes zonas da terra e poñelas en común coas que coñecemos no noso entorno.
SINOPSIS:. Actualmente esta zona se coloca no epicentro das negociacións internacionais que buscan un acordo global para atallar o cambio climático. A Amazonía enfróntase a outras feridas como a crueldade, o asesinato e a depredación da súa cultura indíxena e da súa biodiversidade.
Green Patrick Rouxel, 2009, 48 minutos
De onde veñen moitos produtos que utilizamos a diario? Quizá comprobando poidamos acadar condutas máis ecolóxicas.
SINOPSIS: Green narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután.
Ecologistas en Acción, 2009, 30 minutos
Escapar das modas e poder ter unha conducción máis eficiente, mesmo mercar vehiculos máis adaptados ao uso que lle imos dar.
SINOPSIS: Cada vez con maior frecuencia vemos vehículos 4×4 nas nosas rúas e carreteras. O todoterreo pasou de ser un vehículo para o traballo profesional no campo a un vehículo de uso diario, que se asocia a valores como a liberación, o estatus, o salvaxe, o poder ou a seguridade. Este documental analiza o noso modelo de transporte a través dos vehículos 4×4 e a cultura do motor.
Organiza: A. Ambiental Senda Nova Colabora: CEIDA, Concello de Carballo.
Biblioteca Rego da Balsa . Entrada libre ata completar aforo INFO www.sendanova.org
O sendeirismo segue a ser unha ferramenta perfecta para o achegamento ao bosque autóctono mais cercano. Co compromiso de potenciar o noso entorno máis próximo e, neste caso, as manchas boscosas máis prezadas das nosas comarcas, achegamonos dende camiñadas amenas e interpretativas ás especies arbóreas de Bergantiños.
É unha ruta que toca os concellos de Cerceda, Carballo e Tordoia. Cruza case por completo un dos bosques mellor conservados da zona: A Ribeira da Pena. É un territorio dunhas 80h. vertebrado polo río Abelleira que cae dende a meseta de Ordes á chaira de Bergantiños dun xeito saltarín. O espazo mantén unha altísima humidade e ten representadas multitude de prantas autóctonas como a silvarda, abeleira, castiñeiro, carballo, acivro, ameneiro… Nel ten acubillo a fauna máis representativa. Puidemos ver pegadas de xabarín, corzo, londra….
O roteiro completase cunha visita a un muíño en funcionamento, a un castro e ao dolmen da Pedra Moura.
A xornada do 13 de marzo divídese en dúas partes.
Na mañan visitaremos o curso medio-alto do río Bardoso, ao seu paso pola parroquia de Montemaior. As marxes dos ríos poden ser un bó exemplo dun excelente patrimonio aínda ben conservado. Este é o caso do curso medio-alto do Bardoso.
Ao patrimonio extrictamente arbóreo sumase o río. A estrutura fluvial en bó estado de conservación é a base dun dos ecosostemas máis interesantes para o estudo e conservación.
Este tramo de río está excelentente conservado grazas ás actuacións recentes do Concello da Laracha. As marxes manteñense limpas e en bó estado para disfrutar nunha época de ríos cheos de auga e son e de antigos muíños que nos transportan a tempos pasado de alta sociabilidade arredor deles.
A tarde completase coa visita ao bosque da Berbia, na parroquia carballesa de Entrecruces. Tratase dunha fermosa mancha na que habitan moitas especies arbóreas autóctonas a pesares da cada ves maior introdución do eucalipto e a acacia. Tamén teñen importancia varias especies de fento, algunha delas sen apenas evolución dende a época dos dinosaurios.
Á importancia simbólica sumase á xuntanza física para prantar as especies autóctonas. çE xa un clásico a celebración do día da Árbore no casco urbano de Carballo. Unha actividade familiar áque invitamos a todos e todas co ánimo da sensibilización polas especies dos nosos bosques atlánticos.
Será ás 11h nun lugar do casco urbano carballés onde pechemos este inverno e onde pechemos tamén estas XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016.
Este ano teremos ademais a COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS A FONTE SALGUEIRA DE VILELA-ENTRECRUCES que nos cederá parte das prantas autóctonas ás que lle daremso un novo lugar.