XVI Berrea (ano 2023)

cartel berrea 23

cartel berrea 23

O final do verán e comezo do outono coincide cunha das actividades máis fascinantes e de contacto coa natureza: a berrea.

Nesta época, os cervos entran en celo e con este acontecemento iníciase unha loita pola procreación que enche de vida e de son os montes do Alto Nalón asturiano.

 

Como cada ano dende fai 16, dende Senda Nova abrimos a actividade para o coñecemento e estudo deste espectáculo que se integra por completo na natureza asturiana.

cartel berrea 23

cartel berrea 23

A actividade consistirá en tres esperas para o avistamento dos cérvidos con equipos ópticos. Estas esperas serán ao anoitecer e ao amencer e desenvolveranse en lugares estratéxicos co máximo respecto polo entorno.

Estas actividades nesta época permiten gozar da fermosa natura do Alto Nalón de Asturias ao tempo que conectan coa súa etnografía e fomentan o espírito de convivencia dos asistentes a través do tempo libre das esperas.

Debido ás características do entorno e to tipo de actividade os grupos son reducidos. As plazas estableceranse por rigurosa orde de inscrición.

Saídas dende Bergantiños.

Datas 22,23,24 de setembro. Dende o 22 de tarde ata o 24 á noite (chegada)

Prezos: Prezo 160€       menores 120€   (socixs150-100€)

Máis info e inscripcións: sendanova@hotmail.com    611037617

Descarga aqui o cartel