Unha das maiores paixóns soe ser adentrarse o máximo posible nese entorno natural. Unha forma de coñecer as entrañas, de sentilo na mesma pel.
Existen actividades especiais que nos serven para interpretar o entorno dende outros ángulos. Que nos ensinan segredos difíciles de descifrar coas prespectivas tradicionais. Que nos aprenden a coñecer aos nosos compañeiros e compañeiras e tamén a nos mesmos.
A programación do VERÁN AO NATURAL danos a oportunidade de gozar dunha estación do ano e unas actividades que intentan adaptarse sempre á natureza e á climatoloxía.
A berrea, cos avistamentos dos cervos no Alto Nalón asturiano, as rutas nocturnas ou os obradoiros de observación e convivencia para a mocidade, pretenden un contacto directo co noso entorno e cos nosos compañeiros e compañeiras, establecendo un espírito de convivencia importante.
A maioría das actividades teñen un maior compoñente físico e completamente axeitadas para aqueles que foron participando, preparándose e participando con nos, dende o comezo do curso de actividades. No contacto pleno coa natureza búscase a pernocta dentro da mesma actividade e abríndoas a interesantes interpretacións nocturnas.