O noso equipo é algo importante á hora de facer actividades no medio natural. Non mercar por mercar é tan importante como saber se en realidade o imos necesitar. Ás veces e necesario mirar certas cousas antes de mercalas e tamén fixarse noutras cualidades diferentes ás que nun principio nos poidan parecer máis importantes.
Isto serve para todo o equipo:
Sempre hai que pensar en mercar o equipo para levalo con nos. SEMPRE. Parece unha perogrullada pero moitas veces comprámolo coa conta que vai ir nun taxi, que nolo vai levar o compañeiro ou que temos un sherpa contratado. E NON É ASÍ. Así que aquí si que importa o tamaño… e o volume, e o peso tamén.
Falar dun manual sobre o equipo persoal a mercar e complicado pois hai moitas opinións ao respecto. Incluso dependendo do que nos adentremos no mundo da montaña podemos ir moito máis lonxe ou quedarnos cerca. Vai logo a milña recomendación subxectiva e básica en canto a un equipo de iniciación que podería ser para actividades sinxelas como as que nos estamos a realizar, e centrámolo solo en tres ou catro cousiñas que penso que son as que a maioría de vos estades mirando.
Lembrade sempre mercar todo o posible no pequeno comercio local.
CALZADO
Algo moi moi importante. Básico que protexa o nocello. Comodidade, suxeción e con membrana impermeable. Hai membranas impermeables máis económicas que o famoso Gore Tex. Con elas hai experiencias de todo tipo, máis as boas. Na iniciacion con este tipo de calzado hai xente que lle producen molestias na zona do tendón de aquiles. Hai botas nas que nesa zona son máis baixas e por tanto pode que máis cómodas. Probádeas e camiñade un pouco con elas. E non as estrenedes o día da marcha.
Á hora de probalas e, co cordón desatado, levade os dedos ata ata que batan na parte dianteira da bota, podemos golpear o chan. Nese momento comprobade que o que o espazo que sobra entre o talón e a propia bota é o ancho dun dos nosos dedos da man.
Valorade moito o tipo de calcetíns. Se se adaptan ao pé, son acolchados e teñen reforzos en dedos de pes, tendón de aquiles e talón serán cousas a valorar de xeito positivo.
Ter cortadas as unllas dos pes evitará friccións coa bota e molestias, así como o deterioro da membrana impermeable.
No mantemento do calzado, evitade as fontes diretas de calor. A hora de secar facédeo ao aire libre e lentamente. Coidade que non entren pedriñas nin outros obxectos no interior da bota que nos poida incomodar e cortar a membrana impermeable. Coidade a pel da bota con cremas hidratantes da mesma.
ESTERILLA
Dun bó descanso depende moitísimo, ata o humor cos demáis compañeiros, e con elo o espírito de convivenza. E iso vai no que poñamos debaixo do saco. Hai quen durme ben sen esterilla nengunha e hainos que necesitan o seu colchón da casa, non lle val outro. En canto a algo intermedio… entre a peor esterilla de espuma e un bo colchón de inflar hai un mundo de cousas. Tendo en conta o peso, a calidade do descanso e o aillamento, as esterillas autoinflables (inflan soas, moitos prezos e tamaños) son para min unha boa opción. Eu escollería unha non moi ancha (polo volume e peso) pero si con suficiente grosor ao ser inflada (aínda que lle haxa que dar unhas sopladas a pulmón). Unha de pouco grosor anda inflada son uns 2,5 cm. Unha de moito grosor polos 6cm., para que vos fagades unha idea.
Das de espuma hai agora moita variedade e non coñezo como funcionan as novas. Se funcionan ben esta claro que por peso serven. Evitar esas cousas que veñen colchón, saco, …etc…todo xunto.
SACO
Volvo a decir que temos en conta que estamos en iniciación. Pero ainda así non e necesario gastar todos os anos en actividades básicas como as nosas. Quero dicir… evitando os sacos de alpinismo de fibra sintética, plumón,… e indo a cousas básicas sen ter que arrepentirse pronto temos cousas.
Nos prezos básicos de sacos o peso non soe variar moitísimo. Aínda que si hai algúns superlixeiros que merece a pena dicir. Os sacos económicos ainos rectangulares, que se abren e queda como unha manta, incluso se unen dous.. e tamén tipo momia. Estes últimos soen dar mais calor nos pes. Fixádevos no que ocupen, na cantidade de recheo que teñan e nos peches dos hombreiros. E importante o volume. Haber o frioleiros que sodes. Fixadevos nas marcas e na fiabilidade no código de temperatura que nos ofreza.
TENDA
As tendas tipo tortilla francesa o grande estan moi ben para ser o mais guai do festival de Ortigueira (se imos no taxi ao camping) , ou para entrar borracho nela as 7 da mañan nas festas da barca de Muxía ( porque a virxe fai que non chova). Pero para levar eso na mochila… prefiro unha empanada da panadería Seoane de Razo.
Ese producto ten o seu bomm porque a maioría da xente so utiliza a tenda un día ao ano e non se lembra de catro cousas básicas para montar unha tenda normal en cinco minutos. E o que leva montar unha das outras despois de facelo algunha vez.
Que teña dous teitos. Se entre o teito de fora e o de adentro hai mais espazo tamen hai máis diferenza de temperatura co exterior e o non xuntarse os teitos, o de dentro nunca se molla ( eso influye ao montala tamén, deixalo ben tenso). Lembrade que a impermeabilidade non e absoluta e mídese na columna de auga. Fixádevos no detalle ademáis de no peso e no volume. Eu son máis de tenda canadiense, pero teño que reconocer que estan en desuso en prezos baixos.
MOCHILA
Que vos sente ben. E necesario probala, se pode ser con peso mellor. Fixádevos que se poidan levar cousas no exterior ( ides levar saco e esterilla fora polo menos) que teña suxeccións que sexa ríxida para que o peso vaia na vertical e que teña uns bos apoios nas caderas ( hai mochilas de home e muller) porque nas caderas e donde ten que ir a maior parte do peso. Tédesvos que sentir agusto coa mochila, como se formara parte de vos. Ten que ceñirse ben ao corpo. A min góstame que teña moitos bolsos laterais onde coller cousas sen ter que quitala QUE É UN COÑAZO!!. Que a parte de atrás refrixere a espalda e que se adapte e que haxa unha boa zona de aire é moi valorable, sobre todo en mochilas pequenas que non van levar grande peso. O volume dunha mochila para estar dous días fora…cada un e cada un e depende do que meta, pero menos de 35 litros non creo. Eu levo unha de 60, aínda que con menos pode servir.
LEMBRADE QUE UNHA PERSOA NUNHA ACTIVIDADE SEN MOCHILA E MEDIA PERSOA NA ACTIVIDADE.