TRIPTICOS 14 OUTONO EN MARCHA, AO FINAL
Nace co obxectivo de seguir mantendo o compromiso de percorrer, de dinamizar, a lo menos unha vez por ano cada unha das rutas que deseñamos para poder dar a coñecer, cada lugar de importancia patrimonial que percorremos. Os seguintes traballos de deseño de novos percorridos fan imposible percorrelos todos na primavera. Son máis dunha ducia de itinerarios nos que poñemos o compromiso co seu patrimonio. Con iso e co afán de camiñar na fermosira dunha estación tan fermosa como outono nace o OUTONO EN MARCHA.
A parte interpretaiva é unha das maiores premisas, grazas á cal se mantén o compromiso e o respecto polo entorno e polos lugares de especial sensibilidade ambiental. Deste xeito, os grupos de participantes son pouco voluminosos, e no desenvolvemento dos roteiros téñense en conta os lugares de paso, evitando zonas de especial sensibilidade como dunas ou parte alta das praias. O desenvolvemento das actividades conformanse en grupos cohesionados, favorecendo a labor interpretativa e tendo un maior control sobre os participantes por inprobables conductas pouco ecolóxicas ou problemas físicos.
No ano 2012 programase o I OUTONO EN MARCHA cun total de catro percorridos. Os roteiros a dinamizar nesta estación do ano establécense principalmente no afán do respecto e aprotección do patrimonio. Deste xeito, deixanse para a estación do outono, aqueles percorridos nos que hai tramos de praia onde aniñan especies de aves ameazadas, e que teñen nos meses de primavera a época de cría. No ano 2013 faise a segunda edición cun total de 6 propostas ( todos traballos de persoal da entidade agás a ruta dos faros. No 2014 cúmprese o terceiro aniversario dun programa pechado de roteiros cun total de seis propostas e todos eles deseños de persoas da entidade.
Os obxectivos do programa conflúen cos obxectivos xerais da entidade: A protección dos espazos de interese paisaxístico, natural e cultural do entorno máis próximo. Deste xeito, as actividades organízanse dun xeito interpretativo onde se forma unha cadea de colaboracións entre a nosa entidade, o persoal de Protección Civil de Carballo, os concellos colaboradores, os persoeiros e entidades das parroquias por onde pasamos e os participantes.
Todo este encaixe permite o desenvolvemento da actividade dun xeito ameno que busca a interpretación, onde cobran especial importancia a nosa poboación máis nova e onde as paradas nos puntos e lugares de intersese permiten ás persoas que nos axudan no coñecemento, explicar e desmeuzar os tesouros que unen as corredoiras que percorremos.
As camiñadas son as actividades máis coñecidas da entidade, e coas que comezou a súa andaina ao dinamizar os traballos previos de deseño dos seus membros. O conxunto de camiñadas establecidos en diferentes programas entre os que está o OUTONO EN MARCHA, conforma ao longo do ano unhas vinte propostas interpretativas. Consideramos estas actividades e o xeito de realizalas, como unhas das máis interesantes, mesturando espírito de convivencia, paisaxe, deporte e, o que é máis importante, coñecemento do noso patrimonio para poder respectalo.
O 5 DE OUTUBRO PRESENTASE O 13 OUTONO EN MARCHA
n 14 OUTONO EN MARCHA agarda nas corredoiras de Bergantiños. Outra programación encamiñada ao compromiso co territorio dende a ferramenta sendeirista. As andainas como motor do coñecemento do patrimonio natural, cultural e paisaxístico achégase aos 20 anos, cando nacía a propia entidade, mantendo o compromiso durante todos estes anos ao non deixar de pasar a lo menos unha vez ao ano, pola maioría dos espazos que requiren, moitos deles agonizando, do autofalante das persoas con sensibilidade.
Ao acto de presentación acudiron unhas 40 persoas, entre elas alumnas e alumnos da propia Escola Ambiental, que exerceron de anfitrións perante o demais público.
ENCAIXE DE AXUDAS
Entre os maiores orgullos está en facer do 14 OUTONO EN MARCHA, un proxecto compartido de coñecemento da contorna. Entidades como a Federación Ecoloxista Galega, a Asociación de Veciños de Montemaior, Veciños polo Rural, Escola de Idiomas de Carballo ou o propio FIOT ( Festival Internacional de Outono de Teatro) están presente dun xeito ou outro nesta programación. Apoiando, participando e dando valor aos vestixios patrimoniais da contorna rural de Bergantiños.
A toda esta tea de araña únense os concellos de Carballo e A Laracha e tamén unha institución que representa moito para nos dende os orixes: Protección Civil de Carballo.
Destacar na xeira de rutas a interesante sorpresa de mesturar teatro e sendeirismo na primeira das andainas por RAZO BALDAIO PARA PROTEXER, tendo lugar no remate desta andaina a asistencia ao espectáculo COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO, de María Lestón, que se desenvolverá a carón da propia praia de Razo.
14º OUTONO EN MARCHA
Valorando o noso patrimonio
- RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER (Carballo)
12 outubro
Distancia 3,5 km
Saídas
Concello da Laracha 9:00h
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
Os participantes da ruta incorporaranse ao espectáculo CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO DE Maríña Lestón que se celebrará na praia de Razo.
- PEGADAS DO WOLFRAMIO (Carballo)
19 outubro
Distancia 8,2 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:00 Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15
. TERRAS DO MARQUÉS (Carballo)
26 outubro
Distancia 6,2 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:30h
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
. SENDA DAS CAPELAS (A Laracha)
9 novembro
Distancia 9,8 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:30
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
- VÍA ALCAIANUS (Coristanco-Carballo)
16 novembro
Distancia 18 km
Saídas
Concello da Laracha 9:00h
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
- RUTA DAS FÉRVEDAS (Carballo)
23 novembro
Distancia 10,5 km
Saídas:
Concello da Laracha 9:00
Carballo C. Comercial Bergantiños 9:15h
Descifrando os segredos da nosa contorna
*O obxectivo principal é descubrir o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da nosa contorna.
* A inscrición ás actividades inclúe:
O guiado e condución da mesma
O transporte dende os lugares de orixe e a volta aos mesmos ao finalizar.
* Seguro de accidentes
Lembra
* Traer o equipo necesario para a actividade que realizas:
Calzado e roupa axeitados, mochila, impermeable e unha prenda de roupa a maioress para cando paremos.
Comida e botellín con auga.
* Puntualidade
* No rural da nosa contorna hai lama e en Galicia chove.
*Se dispós da condición física para o desenvolvemento das actividades
*Facilitar aos guías a súa labor para un mellor desenvolvemento da actividade.
* Será de obrigado cumprimento un respecto escrupuloso polo medio natural, evitando deixar pegada innecesaria.
* Se ecolóxico, aproveita ao máximo a actividade. Aporta e escoita.
Todas as andainas son de dificultade baixa
Prazas limitadas. As actividades poden sufrir modificacións.
INSCRIPCIÓNS
Lugares de apuntamento:
(persoas de fora de Bergantiños, poñerse en contacto connosco)
Base de Protección Civil de Carballo.
Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha
Praza do Concello s/n 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Espazo da Natureza de Oza Mércores, xoves e venres de 17 a 20h.
Escola de Idiomas de Carballo. Pazo da Cultura. 1º andar. Martes de 18 a 20h
Data límite de inscripción:
Ata 2 días antes de cada roteiro
Non socixs: Socixs:
Maiores de idade: 8€ 6€
Menores de idade: 6€ 4€
Descarga AQUI o cartel en pdf
Descarga AQUI o tríptico en pdf

Cartel 14 Outono en March

TRIPTICO 2 14 Outono en Marcha

TRIPTICO 1 14 Outono en Marcha











