A iniciativa nace dende a preocupación da entidade polo feismo urbanístico dos cascos urbáns das nosas vilas e a falta de coidados que reciben moitos dos muros que vemos cada día.

A proposta consigue unir forzas de diferentes sectores e entidades. Conseguimos xuntar as mans e os esforzos necesarios para facer actuacións de mellora de varios dos muros en mal estado visual e comezando pola propia vila de Carballo.

O pequeno establecemento carballés, dinamizador da vida comercial da vila, é, neste caso representado polo compromiso empresas de Carballo como Arco Iris, Pinturas Kromo, Bricocar e Ibersa que non dubidaron na aposta pola iniciativa, colaborando dende o inicio.

A concellaría de promoción económica do Concello de Carballo, apostando polo proxecto.

Os e as artistas locais, sobre todo pintores e pintoras,  responsables da arte que emerxe dende a nosa terra, do corazón de Bergantiños. Colaboran no proxecto en cada un dos catro muros cos que comeza a iniciativa. Xente como Santiago Picos, Lidia, Milagros Cotelo, O Mighelo, Cristina Castro, Isa Fernández ou Mon Lendoiro dirixen a voluntarios e voluntarias saídos da propia rúa que poñen o seu gran de area e a súa pincelada para abordar temas que teñen que ver coa posta en valor do deporte e o noso patrimonio máis próximo.

Os nenos e nenas do OBRADOIRO AMBIENTAL SENDAS CARBALLO, parte do futuro da entidade e do pobo, mostran parte da creatividade en cada un dos espazos que se están a reabilitar.