Un proxecto traballado dende fai tempo. Un programa variado en actividades que ven a enmarcar un pulo en canto a ideas e esforzo de voluntarios e voluntarias. Esa é a base do proxecto, unha presa de iniciativas dun bó número de persoas e entidades.
As SEMANAS DE NATUREZA E PAISAXE veñen ocupar moitos dos sábados de maio e xuño.
Obradoiros de cesteiría e actividades de coñecemento e convivencia para os máis pequenos, charlas sobre o cabalo galego tamén para os maiores son algunhas das actividades a desenvolver e nas que, de xeito periodico, facilitaremos máis e precisa información do xeito, modo de inscribirse e número de prazas.
Agradecer ás entidades colaboradoras desta xeira de actividades así como as persoas invividuais que facedes posible estas SEMANAS DE NATUREZA E PAISAXE.