A parroquia de Sofán é das máis extensas de Bergantiños. Vertébrana abondosos cauces fluviais que recollen augas de parroquias máis elevadas como Montemaior, Rodís ou Aldemunde.
Fotos dinamización 6º Primavera en Ruta
6º Primavera En Ruta. Ríos De Sofán
Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank
Camiños de Aldemunde
A parroquia de Aldemunde é, sen dúbida, a máis pequena e menos poboada do Concello de Carballo.
As Terras do Marqués
Nos séculos XVIII, e coincidindo cun amplo despegue económico, constrúense en toda a fértil comarca de Bergantiños numerosas construcións señoriais nas que tiña a súa presencia a nobreza e que constituían un claro símbolo de poder.
O Son do Anllóns
O Anllóns tenq ue salvar en Verdes un importante desnivel, e amósase tremendamente rápido e brincadeiro. isto foi a causa de que antigamente se contruíran numerosos muíños de auga, tan importantes para moer o millo na fértil comarca e tan necesitados da gran forza do Anllóns para traballar.
Razo-Baldaio para protexer
Baldaio é moito máis cá lagoa e a marisma. As catro parroquias que forma este afundimento do terreo acollen importantes vestixios históricos como os castros de Constenla ou Santa Irene, protagonistas de antigas lendas. Todo este territorio forma un conxunto indivisible coa súa costa e coa súa lagoa, aproveitada desde antigo polos habitantes de Lema, Noicela, Vilela e Rebordelos.
As Pegadas do Volframio
O Monte Neme levántase perto da costa a 386m. e forma a zona con máis pendentes da bisbarra. Intégrase na cadea costeira que percorre Bergantiños paralela ao mar e que resgarda do frío as mellores e máis fértiles agras da comarca.
Coristanco Histórico
O alto do Monte da Fonte Silva (ou de Varilongo) é o lugar de máis altura que percorremos e un dos máis altos da comarca, xa que chega aos 480m. As vistas dende aquí son espectaculares, xa que se divisan terras moi afastadas das comarcas de Bergantiños e Xallas e incuso se va o mar.
As Sendas do Apóstolo
Desde tempos moi antigos camiñar a Compostela foi unha das peregrinaxes máis importantes do mundo.
A forza do río Chonia
Un batán era unha antiga máquina artesanal provista duns grosos mazos que, movida pola forza hidráulica, servía para bater en mollado os tecidos de la saídos dos teares artesanais.
Vía Alcaianus
Cando os romanos chegaron á Gallaecia no século I a.n.e., deseguida organizaron a zona en torno a unha serie de calzadas que estruturaban o territorio. Unha delas foi a vía XX ou "per loca maritima" que, desde Braga, se dirixía a Lugo e Astorga bordeando a costa, seguindo o trazado recto da Depresión Meridiana e pasando por Bergantiños.
Senda das Capelas
Montemaior sitúase na zona alta de Bergantiños, no Concello da Laracha e nos lindes coa meseta de Ordes. A parroquia cae en desniveis cara as agras chans de Carballo e A Laracha a medida que descendemos cara ao norte e móstrase en forma de cuncha mirando dende o alto a costa bergantiñá.
Altas terras de Soneira
Moito e moi variado será o que se vaia visitar: dúas mámoas, dous castros, restos dunha torre do século XV, un xacemento romano, tres igrexas, un museo local do liño, un local social con cousas de moito interese etnográfico e histórico, unha praia fluvial, dous pombais e un pazo.
Costa agreste de Cerqueda e Cambre
A costa oriental do Concello de Malpica é un territorio extremadamente recortado e tremendamente agreste. Testemuña de naufraxios e de numerosas lendas ligadas ó grandísimo e variado patrimonio ambiental, paisaxístico e cultural, este espazo móstranos algunhas das máis fermosas pequenas praias da Costa da Morte. Metidas de cheo entre as grandísimas furnas e cantís.
Ríos de Sofán
A parroquia de Sofán é das máis extensas de Bergantiños. Vertébrana abondosos cauces fluviais que recollen augas de parroquias máis elevadas como Montemaior, Rodís ou Aldemunde.