15 · Abril · 2024
sementando no espazo

SEMENTANDO NO ESPAZO. Volta o espazo de horta comunitaria

  A primavera tráenos a sementeira despois de ter preparado a horta. Dende Senda Nova retomamos o programa SEMENTANDO NO ESPAZO coa idea de involucrar ás familias na horta comunitaria e fomentar o autoconsumo. Estas prácticas son aínda máis interesantes nunhas comarcas como as de Bergantiños e Soneira, con clara vocación agrícola e cunhas características especiais do solo que fan […]
15 · Abril · 2024
son do anllóns XV Primavera en ruta

Case un cento de persoas participan nas dúas primeiras andainas da XV PRIMAVERA EN RUTA

Case un cento de persoas acudiron á chamada da XV PRIMAVERA EN RUTA para percorrer as corredoiras do coñecemento do patrimonio nas dúas primeiras andainas propostas. O SON DO ANLLÓNS marcou a saída do programa cun percorrido onde o máximo interese estivo en percorrer as beiras do río de Bergantiños no seu estado orixinal. Cada vez son menos os percorridos […]
26 · Febreiro · 2024
Conversas do Rural 8 IA Cristina Vázquez 2

Cristina Vázquez pecha a xeira de Conversas do Rural e o 8º INVERNO ANCESTRAL

Cristina Vázquez del Prisco pechou a xeira de Conversas do Rural e tamén toda a programación do 8º INVERNO ANCESTRAL. O pasado venres 23, no Espazo da Natureza de Oza, Cristina Vázquez facía un repaso pola difícil situación dos campos de refuxiadxs saharauis, en territorio arxelino. A activista laxense ten participado en diferentes proxectos de axuda e mesmo ven de […]
13 · Novembro · 2023
Espias no Bosque 2023

ESPIAS NO BOSQUE RETOMA AS CHARLAS NOS CENTROS DE ENSINO

Os centros de ensino de Bergantiños acollen a volta ás charlas de ESPÍAS NO BOSQUE, o programa de Senda Nova financiado pola Deputación da Coruña que pretende achegar , á poboación en xeral e  á rapazada en particular, aos mamíferos autóctonos galegos. As charlas nas propias aulas componen una gran parte do proxecto. Nas mesmas, o proxecto achega información e […]
30 · Setembro · 2023
12 Outono en Marcha cartel jpg

A Ruta do Xestal teatralizada abrirá o 12 Outono en Marcha este domingo

O Outono en Marcha lánzase na súa 12 edición con sete propostas para o coñecemento do entorno de Bergantiños. Este sábado 30 de setembro tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza a presentación dunha 12 edición do Outono en Marcha, un dos programas referencia de Senda Nova e que ten como obxectivo percorrer os deseños de rutas creados para […]
20 · Setembro · 2023

12 Outono en Marcha. Presentación

Mañá entraremos nunha nova estación do ano. Os meses de outubro, novembro e decembro son meses especiais para desfrutar do sendeirismo polas paisaxes da Costa da Morte. O programa do Outono en Marcha vaise facendo maior a través dunha 12 edición que agarda á volta da esquina. As botas están preparadas e listas para voltar á lama das corredoiras (senón […]
4 · Xullo · 2023
Clausura 11º Escola Ambiental 3

Máis de 20 rapaces e rapazas foron os protagonistas da clausura da 11º edición da Escola Ambiental

Máis de medio cento de persoas clausuraron o pasado sábado a 11º edición da Escola Ambiental de Senda Nova –Concello de Carballo dende o Espazo da Natureza de Oza. O acto tivo como protagonistas aos nenos e nenas participantes, sendo eles mesmos os que, de xeito completo, desenvolveron os actos de clausura doutras case 30 sesións desenvolvidas en oito meses […]
5 · Xuño · 2023
Camiños de Caión XIV PR 3

Rematou a XIV PRIMAVERA EN RUTA. Unha diagnose da desfeita.

Os camiños da costa volveron pechar outra edición máis da PRIMAVERA EN RUTA, oito rutas máis no saco do sendeirismo para o coñecemento da contorna. Os CAMIÑOS DE CAIÓN despediron 14 anos do programa máis antigo da asociación. Ese que se constrúe en base á unión de esforzos de concellos, Protección Civil de Carballo e voluntarios e voluntarias de Senda […]
13 · Maio · 2023
Espias no Bosque 23

ESPIAS NO BOSQUE SUPERA OBXECTIVOS NA SÚA TERCEIRA EDICIÓN

    O programa ESPIAS NO BOSQUE, financiado pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA segue o seu camiño ascendente, chegando a unha terceira edición máis forte que nunca.  A iniciativa pretende achegar ao público en xeral e a rapazada en particular, contidos sobre os animais mamíferos máis representativos dos nosos ecosistemas e con iso, profundizar no coñecemento doS seus hábitat e a […]