15 · Abril · 2024
sementando no espazo

SEMENTANDO NO ESPAZO. Volta o espazo de horta comunitaria

  A primavera tráenos a sementeira despois de ter preparado a horta. Dende Senda Nova retomamos o programa SEMENTANDO NO ESPAZO coa idea de involucrar ás familias na horta comunitaria e fomentar o autoconsumo. Estas prácticas son aínda máis interesantes nunhas comarcas como as de Bergantiños e Soneira, con clara vocación agrícola e cunhas características especiais do solo que fan […]
15 · Abril · 2024
son do anllóns XV Primavera en ruta

Case un cento de persoas participan nas dúas primeiras andainas da XV PRIMAVERA EN RUTA

Case un cento de persoas acudiron á chamada da XV PRIMAVERA EN RUTA para percorrer as corredoiras do coñecemento do patrimonio nas dúas primeiras andainas propostas. O SON DO ANLLÓNS marcou a saída do programa cun percorrido onde o máximo interese estivo en percorrer as beiras do río de Bergantiños no seu estado orixinal. Cada vez son menos os percorridos […]
24 · Marzo · 2024
Presentacion XV PR

MÁIS DE 60 VIDEOS DE APOIO DO MUNDO DA CULTURA AVALAN A PRIMAVERA EN RUTA NA PRESENTACIÓN DA SÚA XV EDICIÓN

  Máis de medio cento de persoas recibiron a XV PRIMAVERA EN RUTA nunha mañá fría e solleira no Espazo da Natureza de Oza. Entre os integrantes estaba Miguel Ángel Vales, concelleiro de medioambiente do Concello de Carballo, Patricia Bello, concelleira de cultura do Concello da Laracha e Noelia Freijeiro, concelleira de cultura do Concello de Malpica de Bergantiños. Ademais […]
18 · Marzo · 2024

O VINDEIRO 23 DE MARZO PRESENTASE A XV PRIMAVERA EN RUTA

O próximo día 23 de marzo ás 12h. , o Espazo da Natureza de Oza acollerá a presentación da edición número 15 da PRIMAVERA EN RUTA,  o programa máis antigos de cantos se propoñen na asociación. Ao acto están convidados representantes dos concellos colaboradores, e de entidades relaccionadas coas andainas por onde pasará esta 15 edición. tamén asistirán socios e […]
6 · Marzo · 2024
XIII PR Terras altas Soneira

PULO Á PRIMAVERA EN RUTA

PULO Á PRIMAVERA EN RUTA   A PRIMAVERA EN RUTA é o programa de actividades que máis percorrido leva en Senda Nova e tamén os alicerces onde se asentan os demais proxectos da entidade. O programa de roteiros de sendeirismo para o aprendizaxe nace cando se pechan unha xeira de traballos de deseño de percorridos. Estes percorridos foron traballados con […]
26 · Febreiro · 2024
Conversas do Rural 8 IA Cristina Vázquez 2

Cristina Vázquez pecha a xeira de Conversas do Rural e o 8º INVERNO ANCESTRAL

Cristina Vázquez del Prisco pechou a xeira de Conversas do Rural e tamén toda a programación do 8º INVERNO ANCESTRAL. O pasado venres 23, no Espazo da Natureza de Oza, Cristina Vázquez facía un repaso pola difícil situación dos campos de refuxiadxs saharauis, en territorio arxelino. A activista laxense ten participado en diferentes proxectos de axuda e mesmo ven de […]