Espazo da Natureza de Oza

Espazo da Natureza de OzaO Espazo da Natureza de Oza (ENO) , é un local destinado á organización de actividades de posta en valor do patrimonio cultural, ambiental, paisaxístico e social.
Actualmente, dende outubro do 2016, é a sede da Asociación Ambiental Senda Nova, a cal se encarga de dinamizar o espazo durante todo o ano.

Nestos momentos o Espazo da Natureza de Oza serve como viveiro de diferentes árbores autóctonas que tanto no interior do recinto, coma no invernadoiro que hai nas instalacións, medran a diario para pouco a pouco ir trasladándose a espazos naturais defintivos nos que sexa preciso repoboar (lugares que sufrion talas indiscriminadas, incendios etc)

Todas as fins de semana dende Outubro a Xuño se realizan actividades da Escola Ambiental de Senda Nova nas instalcións do ENO. Nas cales uns 25 rapaces e rapazas utilizan a aula de formación, o recinto exterior ou o invernadoiro para aprender sobre cultura, natureza, horta tradicional etc.

Ao longo do ano realízanse diferentes actividades como presentacións, proxeccións de documentais, charlas informativas, festas (magosto, foliadas, etc). A maior parte organizadas pola Asociación Ambiental Senda Nova, e outras oganizadas por diferentes asociacións da contorna que precisan o espazo para realir algunha das súas actividades ou xuntanzas.
Actualmente o espazo conta con: aula de formación equipada, biblioteca, servizos, invernadoiro , e espazo exterior amplo con zona de xardín.

sementando

Nestas instalacións realízase tamén o programa Sementando no Espazo, unha horta comunitaria baseada na cesión de espazos e no mantemento de espazos en común arredor da horta ecolóxica, na que persoas de diferentes puntos da comarca e de diversas idades comparten un espazo de traballo, aprendizaxe e ocio durante todo o ano.

Podes atopar máis información do proxecto aquí.

BIBLIOTECA COMUNITARIA

O ENO tamén conta cunha biblioteca comunitaria, cunha ampla selección de libros de diferentes temáticas (destacando as ambientais, e de patrimonio local) pero tamén contando con album ilustrado infantil, clásicos universais, novelas, literatura xuvenil etc

Estos libros que pouco a pouco van enchendo os nosos andeis poden ser consultados por todas as persoas que o desexen e se achegen ao Espazo. Ademáis a maioría deles poden ser levados en préstamo durante 14 días.

A continuación poderás consultar a listaxe de libros que temos dispoñibles actualmente na biblio: Inventario libros Oza WEB