Encontro festivo de verán.

Encontro festivo de verán.

A primavera vai chegando ao seu fin, e o verán comeza a achegarse maila que o tempo non o demostre. E en Senda Nova queremos recibilo ao grande, por iso o vindeiro sábado día 29 de xuño celebraremos o “Encontro festivo de verán” no Espazo da Natureza de Oza.

A actividade serviranos de colofón a un curso intenso de actividades: inverno ancestral, outono en marcha, xornadas dos bosques, humidais, primavera en ruta, sementando no espazo e sobre todo a Escola Ambiental de Senda Nova, polo que aproveitaremos o encontro tamén para realizar a clausura do curso escolar da mesma.

A actividade dará comezo entorno ás 14h cunha comida campestre na que poderán participar todas as persoas que o desexen (apuntándose previamente via mail antes do día 27). O prezo da comida será de: 10€ (8€ socixs) e xs nenxs 8€ (6€ socixs).

As 18h celebraremos o acto de clausura da VII edición da Escola Ambiental, durante o cal haberá sorpresas, merenda, actuación en directo, agasallos… E veremos un resumo dos traballos que realizaron as nenas e nenos participantes durante todo o curso.

Serviranos unha vez máis para xuntarnos, para comentar todo o vivido durante estos meses de actividade e para mirar de fronte aos novos proxectos que están por chegar.

Polo que sexas ou non socix da entidade, participaras ou non nas nosas actividades, ou se simplemente che apetece coñecernos e achegarte as nosos  obxectivos e accións esta é unha boa oportunidade para facelo!

Esperámoste!