En que consiste Semendando no Espazo?

Sementando no Espazo é un proxecto de horta comunitaria ecolóxica , que se leva a cabo principalmente nas instalacións da nosa sede ( O Espazo da Natureza de Oza) e nace co obxectivo de manter vivo e dinamizado este lugar, a través da horta comunitaria ecolóxica, e sobre todo que sirva para potenciar entre a xente do rural este tipo de agricultura, e tamén para ofrecerlle á xente que non vive no rural un lugar onde formarse, onde poder ter un espazo de seu (a través da cesión de espazos) onde cultivar os seus alimentos ecolóxicos, e sobre todo crear un lugar de encontro no cal coincidan diferentes xeracións, persoas do rural e do núcleo urbano, visitas de persoas de diferentes puntos da provincia etc. E que poidan achegarse e afondar non só na agricultura ecolóxica se non en diferentes temáticas de sensibilización ambiental.

Os obxectivos principais do programa son:

-Promover a dinamización e a participación veciñal no rural, no eido do medioambiente.

-Potenciar a horta ecolóxica e de autosufieciencia.

-Promover o uso e conservación de especies e variedades locais.

-Fomentar a sensibilización ambiental no eido da horta ecolóxica, tradicional e autosuficiente , e a alimentación sostible e consciente entre o público xeral, escolares, familias etc das comarcas de Bergantiños, Soneira e Xallas,

-Coñecer e afianzar unións con outros proxectos similares aos nosos, realizando visitas aos diferentes espazos de traballo de outras entidades ou colectivos dentro da provincia da Coruña, e fora das comarcas de Bergantiños e Soneira.

-Dotar de ferramentas e coñecementos a poboación no eido da alimentación saudable, ecolóxica e consciente co medioambiente.

– Achegar a poboación en xeral as problemáticas ambientais máis inmediatas e achegadas.

Onde se realiza?

O proxecto ten lugar nas instalacións do Espazo da Natureza de Oza, principalmente, e conta cun amplo espazo exterior, e dous espazos interiores (invernadoiro e aula de formación).

Tanto nas instalacións exteriores, como no invernadoiro, fase cesión de espazos a familias e persoas individuais para plantar a súa parcela particular, e colaborar no mantemento das parcelas comúns (parcela de aromáticas, semilleiros etc).

Na aula formativa teñen lugar algunhas actividades, charlas ou obradoiros, e tamén é o lugar onde poder utilizar o material de consulta (libros, manuais etc) que compoñen a biblioteca ambiental de Senda Nova, a cal medra pouco a pouco con material específico que serve aos participantes para obter información sobre a horta ecolóxica etc

O proxecto desenvolvese ao longo de todo o ano, tendo lugar:

A) Actividades de horta (tales como traballo da terra, coidado de parcelas e cultivos, sementeira, recolleita etc),

B) Actividades ou talleres. (tanto para os participantes na cesión de espazos, como para a poboación en xeral)

c) Visitas ao espazo e ao lugar.

Como se desenvolve o proxecto?

Neste proxecto  contamos cunha forma de traballo baseada na cesión de espazos, tanto exteriores como no interior do invernadoiro, para que as persoas participantes (previamente apuntadas) poidan plantar e cultivar os seus propios alimentos ecolóxicos, e seguir aprendendo sobre esta forma de cultivo.

Cada participante será responsable da súa propia parcela, e dunha serie de parcelas comúns (semilleiros, parcela de herbas aromáticas e especias etc), que terán que manter limpas, coidar e manter cultivadas durante todo o ano.

Ademais o proxecto conta tamén con diferentes talleres e actividades que dinamizan e contribuen na formación dos participantes. Estas actividades levanse a cabo na aula formativa do Espazo da Natureza de Oza, e nas instalacións exteriores do mesmo. E son abertas ao público en xeral, para que poidan beneficiarse das mesmas e asistir a todas as que lle sexan de interese, abrindo así a un maior número de persoas temas interesantes sobre a sensibilización, educación e información ambiental. 

Dentro deste proxecto, unha parte importante do mesmo, son as visitas. Tanto as visitas que os nosos participantes realizan a outros proxectos similares ao noso, ou a actividades e ou instalacións que nos parezan de interese para mellorar a nosa experiencia; Como as visitas que recibimos nós nas nosas instalacións, de persoas ou grupos familiares, ou de colexios ou colectivos que estean interesados en visitar o noso proxecto, coñecelo de preto, e realizar algún taller ,actividade ou visita guiada ao mesmo. (previo concerto da mesma).

Quen pode participar?

Neste proxecto participan 25 nenos e nenas vinculados a asociación, os cales teñen unha parcela grande e común que cultivan entre todos durante todo o ano, e ademais hai unha serie de parcelas máis pequenas (tanto no interior do invernadoiro como no exterior) que son cedidas ás persoas e familias interesadas en participar no proxecto, que será aberto a toda a poboación. A actividade é gratuita, e non é preciso ser socios da entidade. 

Como podo apuntarme?

Se queres participar en Sementando no Espazo, envíanos un correo a sendanova@hotmail.com ou chámanos ao teléfono 611037614 (ou whatsapp),  e resolveremosche as dúbidas que teñas e informarémoste de como realizar o apuntamento.