FERMOSO TERRITORIO DE ZAS

8º PR Terras altas Soneira

8º PR Terras altas Soneira

O Rabiñoso, que fixera de meta na pasada andaina polo CORISTNCO HISTÓRICO, estableceu o punto de partida para un novo percorrido, desta volta, deseñado por Evaristo Domínguez Rial.

O historiador de Zas bautizou como TERRAS ALTAS DE SONEIRA un deseño que recorre moitísimo patrimonio cultural e que se xunta á paisaxe para debuxar unha liña curva que une o territorio que o viu crecer dende neno.

Certamente viuse na súa totalidade case ao comezo da ruta, despois de probar o esforzo do medio cento de camiñantes nas costas que dan acceso a Pico de Meda. Nese intre xa gozaramos dos muíños e da férveda do Rabiñoso, un lugar marcado no mapa polos bolígrafos de Evaristo cando sinala os puntos máis fermosos da bisbarra.

Dende Pico de Meda a interpretación xeográfica é doada, nunha dimensión que nos permite desenvolver hipóteses de lugares no cabo Prior, ou na zona do Monte Pindo. O máis achegado é máis doado e o mar Bergantiñán asoma de cando en cando detrás das cadeas montañosas costeiras. O día solleiro aguantou a parada no reloxio ata completar os avistamentos nos 360 º arredor das torres repetidoras situadas nos 566m.

A baixada polas ladeiras foi de xeito paseniño, mais o rastro do centro de équidos que habitaba estes montes outrora centrase nos esqueletos dalgunha egua devorada polos lobos. O monte de Meda non é o mesmo sen os calalos en liberdade da Asociación O Santiaguíño. Probablemente os incendios futuros nos den conclusións positivas dos cabalos de Meda. Probablemente un animal coma o lobo non esté tan presente nos espazos e probablemente os ecosistemas za zona non teñan presencia do gran depredador, vértice da cadea trófica e exponente da calidade ambiental.

As mámoas seguen ahí, como o Castro de Vilastevez ou o de Bico da Cruz, ou os restos das Torres de Surribado. Tamén segue a leira dun probable asentamento romano, no centro da parroquia de Gándara, moi pretiño da fermosa igrexa parroquial, enmarcada nun entorno privilexiado.  Un privilexio cruzar todos estes lugares, facendo as paradas de coñecemento co mellor coñecedor da zona.
Sumouse Perfecto Fuentes. O presidente da Asociación O Santiaguíño, abriunos as portas do museo do liño que posúe unha entidade modélica en canto a traballo e xuntanza veciñal. O museo está  altura dun recinto rehabilitado con gusto e mimo, que posúe o mellor para a interpretación do que foi o liño nestas terras en tempos pasados e que, grazas a entidade, segue a ser hoxe unha vía de economía sostible.

O ultimo tramo rematou en Follente. Ese pazo, esa capela e ese muíño en funcionamento que representa un dos tres que podemos observar en cantas rutas camiñamos. Follente foi parroquia outrora e aquí, no mesmo pazo, foi onde Domingo Fontán comezou a escribir o primeiro mapa científico de Galicia.

Quixemos que outro mapa cobrara protagonismo nas mans de Evaristo. O mapa do antigo reino de Galicia que entre todos e todas lle agasallamos por tanta e tanta labor interpretativa.

Non estivo mal facelo neste fermoso territorio de Zas.

8º PR Terras altas Soneira 2

8º PR Terras altas Soneira 2

 

 

 

 

8º PRIMAVERA EN RUTA Terras Altas De Soneira

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank