Coincidimos en que o traballo cos máis novos para acadar obxectivos de protección do patrimonio a través da súa posta en valor é pensar decididamente no futuro. Por iso, dentro das premisas de Senda Nova está a prestación de servizos á mocidade.
Dende o colectivo véñense desenvolvendo diferentes programas específicos destinados á xente moza e dentro da diferentes franxas de idade. A pequehorta, obradoiros de observación e convivencia…etc.
ESCOLA AMBIENTAL
Con todo, a aposta máis forte da asociación segue a ser a Escola Ambiental de Senda Nova. O programa vertébrase os fins de semana e paralelo a cantas actividades se desenvolven na asociación entre novembro de xuño.
Os destinatarios son 30 nenos e nenas bergantiñáns de 3º, 4º, 5º, e 6º de primeria, que completan as sesións de áula e as saídas ao medio coa monitorización de tres grupos de monitores que desenvolven contidos culturais, ecolóxicos e de achegamento físico ao medio natural.
Ademáis dos proxectos específicos coa mocidade, dende Senda Nova coidamos a organización do resto da programación para que sexa apta para una maior variedade de público, concentrando a difusión da mesma entre a xuventude e a través do traballo con colexios e institutos da zona.