Escola Ambiental

A ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA vai dirixida a nenas e nenos de entre 3º a 6º de primaria , aos cales pretende achegar o patrimonio cultural, ecolóxico e paisaxístico do seu entorno máis cercano, a través de actividades que teñen lugar todos os fines de semana dende novembro a xuño.

Escola Ambiental Ramil-Rus

Escola Ambiental Ramil-Rus

¿Qué pretendemos con esta ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA?

Dende a Asociación Ambiental Senda Nova loitamos por defender e poñer en valor o patrimonio cultural, ecolóxico e paisaxístico da contorna, a través de diversas accións que teñen lugar durante todo o ano. A ESCOLA AMBIENTAL nace co envís de achegar aos máis cativos ao patrimonio que teñen moi preto das súas casas e que nunha gran maioría dos casos descoñecen a súa existencía e  a súa gran importancia.

Coincidimos en que os nenos e nenas, nun futuro moi próximo, van ser os/as encargados/as de potenciar e dar a coñecer todo ese patrimonio, pero para iso, primeiro son eles e elas os que se teñen que achegar a él.

Neste obradoiro teñen a oportunidade de coñecer e adentrarse en lugares tan especiais como a férveda de Rus, a férveda de Entrecruces, o fermoso espacio de Razo-Baldaio cun alto interese a nivel ecolóxico e social.

Coñecer a gran importancia dos nosos ríos e os nosos bosques, percorrer o fascinante bosque autóctono da Riberia da Pena.

Descubrir como vivían os nosos antepasados os castrexos, que tiñan abundantes asentamentos en Bergantiños que se seguen a conservar.

Descubrir que se chove tamén se pode disfrutar da natureza, e aprender a maneira para facelo.

Observar a través de telescopios e prismáticos sen que nos descobran, ás aves que percorreron toda europa para vir disfrutar da lagoa de Baldaio.

Achegarnos e coñecer a forma na que os nosos avós e avóas traballaban a terra e coidaban dos animais, e enchouparnos un pouquiño de toda a súa sabedoría. Entre outras moitas cousas.

Escola Ambiental Sesión aula

Escola Ambiental Sesión aula

¿Cómo o facemos?

Durante os 8 meses que dura o obradoiro, realízanse actividades todos os fines de semana. Unhas veces coincidindo as actividades os sábados e outras os domingos.

Os sábados pola mañá teñen lugar as sesións de aula no ESpazo da natureza de Oza, nas cales a través de diferentes actividades se pretende achegar aos nenos dunha forma máis teórica pero á vez o máis dinámica e divertida posible, aos contidos do obradoiro. Algunhas actividades que se realizan son: debates, visualización de vídeos e documentais, charlas, actividades plásticas como herbarios, maquetas, pintado de muros…, actividades de horta, dinámicas e xogos.

Os sábados ou domingos e comendo o bocata xuntos, teñen lugar as saídas ao medio natural, nas cales se pretende achegar de forma física aos nenos ao noso patrimonio e a natureza que nos rodea, así como a aprender a disfrutar e a adaptarnos a ela en condicións diversas. As saídas poden estar compostas por roteiros , xogos, dinámicas, actividades de orientación, actividades para coñecer os materiais necesarios para unha boa interpretación da natureza como compases, mochilas, telescopios, prismáticos, material de acampada etc…

Na sección de achegamento ao medio, a rapazada terá tamén a oportunidade de realizar saídas ao medio máis longas. Serán narecta final da edición. Estableceranse saídas nocturnas e pernoctas en tendas vivac. Unhas sesións onde a emoción e as ganas desbordan.

Escola Ambiental Carballo de Santo Antón

Escola Ambiental Carballo de Santo Antón

Unión de forzas

A ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA ao igual que os programas de actividades da asociación, saen adiante grazas a unión de moitas forzas. É moi necesaria e importante a colaboración e o apoio do Concello de Carballo, así como o compromiso e o esforzo por parte dos participantes e as súas familias.

Nesta actividade en concreto, son moitas as persoas que arriman o hombreiro como monitores/as ou colaboradores/as, e sen o seu compromiso, ideas, traballo e esforzo non sería posible manter unha actividade tan ambiciosa e tan longa no tempo como é a ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA.

Son pois, xunto coas nenas e nenos, a forza e a enerxía para que actividades deste tipo saían adiante.

Se eres unha nena ou neno de 3º,4º,5º ou 6º, APÚNTATE. A resposta das rapazas e os rapaces e as nais e pais  foi tremendamente positiva. Lembra que as prazas son limitadas. Temos constantemente unha lista de espera na que te podes anotar.

Prezo único da matrícula: 30€

ÚNETE A NOS, E XOGA NA NATUREZA DO TEU ENTORNO!!!

Escola Ambiental Igrexa Artes

Escola Ambiental Igrexa Artes

https://www.youtube.com/watch?v=-KJDEPnTgKM